lunes, 30 de agosto de 2010

Traballar a mantido

Siñifica que o patrón, ademais do salario en cartos ou en especies, debe darlle de comer ó traballador. Este sisema non só se aplicaba ós traballadores agrícolas, senón tamén a otros profesionais: canteiros, carpinteiros, xastres, costueiras, matachíns, cañeiros, albaneles...
O máis habitual eran tres comidas:
  • As once, tamén lle dicían "a parva";
  • O xantar;
  • A merenda;
Se os traballadores viñan de lonxe e, polo tanto, tiveran que madrugar moito, tamén se lle daba de almorzar. A cea só se incluía cando os traballadores pernoctaban na casa do patrón.
Pero existían moitas variantes segundo os oficios e profesións, as zoas, a época do ano e a procedencia dos traballadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario