viernes, 13 de agosto de 2010

As tabernas (3)


Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Nas paradas dos coches de liña ou dos autobuses sempre había unha taberna, ben porque os tarberneiros previamente establecidos o acordaban cos empresarios das liñas, ben porque a algúns novos se lles ocorría montar a taberna perto da parada dos autocares. Era unha simbiose perfecta da que todos saían gañandp, incluso os viaxeros que tiñamos un lugar onde abrigarnos. Foi así como vin pro primeira vez un aparello de televisión, nunha pequena taberna perto de Santiago de Compostela a comenzos dos anos 60. Os parroquianos, algúns xa entrados en anos, quedaban fascinados co anuncio de "Soberano es cosa de hombres".
"Transcurriran máis de dez anos e fun pasar uns días a Flariz, unha aldea da provincia de Ourense, perto de Monterrei, a escasa distancia da rai con Portugal; a única taberna da aldea tiña tamén o único televisor da zoa, só que, neste caso, por alí non pasaba ningunha liña e as mulleres non tiñan a disculpa de abrigarse nen do Sol nen da choiva, por iso só había homes, agás a miña amiga e máis eu, pero iso era porque o taberneiro era o seu tío...

No hay comentarios:

Publicar un comentario