miércoles, 4 de agosto de 2010

As tabernas


Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"As tabernas eran, xunto co
a eirexa, o principal punto de encontro entre os viciños; a elas non só se ía comer ou beber (beber máis que comer), senón tamén xogas á cartas ou ó dominó, mercar todo tipo de productos que non se eleboraban na casa, deixar avisos para outros viciños, levar o leite que logo recollían as camionetas, abrigarse mentres se agardaba o coche de liña, no caso das que estaban situadas nas vías principais...
"A meirande parte delas tiñan o mostrador ou parte del de mármore, que o taberneiro aproveitaba para face-las contas con lapis q
ue soía colocar detrás da orella para non perdelo...

A maioría das tabernas estaban rexentadas por homes, aínda que soía colaborar toda a familia.
A consideración social dos taberneiros eran nalgúns casos bastante negativa, "pasar de taberneiro a ladrón", dicían algúns. Acusábanos de enriquecerse por medios pouco lexítimos, como "bautiza-lo viño", de servirlle viño "ó fiado" a persoas que gastaban na bebida cae tódolos seus recursos, de seguir ofrecéndolle viño ou licores apersoas que xa estaban ebrias, de propiciar apostas ou consentilas, de aproveitarse dunha persoa bébeda para mercarlle algo moi por debaixo do seu valor, conseguir escrituras de propiedades, información para facer un bo
negocio, beber en exceso ó mesmo tempo que os clientes cobrándolles a estes as consumicións...
Tamén hai que facer notar que os paisanos acostumaban, en xeral, a infravalorar aqueles labores que se facían a cuberto, frente ós que se facían ó aire libre e aqueles que precisasen pouco esforzo físico, aínda que supoñeran moito tempo de adicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario