jueves, 25 de julio de 2013

Solidariedade

En solidariedade coas víctimas do accidente ferroviario en Santiago de Compostela

sábado, 7 de abril de 2012

miércoles, 4 de abril de 2012

Os nosos menús

Menú 307:
  • Anguilas fritidas (ou calquera outro pescado miúdo);
  • Peituga de polo ó ferro con puré de patacas;
  • Biscoito de limón;
Menú 308:
  • Patacas recheas;
  • Rapantes fritidos con ensalada;
  • Froita de tempada;
Menú 309:
  • Croquetas de xamón;
  • Xurelo ó forno;
  • Macedonia de froitas;
Menú 310:
  • Pementos do piquillo recheos;
  • Escalope de terneira;
  • Froita de tempada;

MENÚ
ensalada mixta
bacallau ó forno
froita de tempada

A fala popular


  • Marzo iguarzo, ven a merenda e mailo descanso

Algúns empregan somentes a primeira parte, unha fórmula sinxela, pero efectiva de sinala-lo momento do equinocio (a mesma duración dio día e da noite), de aí o de "iguarzo".
Outros asocian a segunda parte do dito coa festividade de San Marcos (Polo San Marcos entra a merenda e mailo descanso), que se celebra o 25 de abril, de xeito que un dito e outro marcarían unha diferencia dun mes aproximadamente no tocantes á temporalización dese hábito alimenticio, sen que teñamos explicación para ilo, xa que informantes da mesma zoa e da misma idade aportaron as dúas variantes.


A MERENDA:
No mundo rural galego, ata finais dos anos 60, a merenda, en paralelo coas "once" era a comida que tomaban os labregos nas leiras a media tarde e a media mañá, respectivamente. Os alimentos que se consumían nun caso ou noutro podían ser os mesmos (pan de molete, viño, queixo, chourizos, touciño curado...), pero á merenda podían incorporar alimentos sobrantes do xantar, productos de tempada (principalmente, peixe miúdo fritido) ou calisquera outros elaborados a propósito pola muller da casa (bacallao rebozado ou en chulas, p.e.).
AS "ONCE":
Para as "once" empregábanse productos elaborados previamente porque a muller ou, segundo o caso, mulleres da casa nesas primeiras horas da mañá tiñan moitoa traballos para facer (atender ós animais, ós nenos e ós vellos ou enfermos,  acarrexar a auga que ían consumir durante o día, etc.). No tocantes ó peixe, no interior os peixeiros non chegaban ás aldeas ata media mañá e non tódolos días, de aí o consumo de peixe en conserva, afumado ou en escabeche.

lunes, 2 de abril de 2012

Sen título

Figos
(acrílico sobre cartuliña)

jueves, 8 de septiembre de 2011

Ficha de traballo (42)

Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular galega:

  1. O que se pica, allos come;
  2. Naranjas de la China;
  3. Ser can de moitas merendas;
  4. O palleiro non se fai sen palla;
  5. Comer coma un paxariño;
  6. Co tempo maduran as uvas;
  7. Comer rabos de pasa;
  8. Sacar tallada;
  9. Ser todo mel e manteiga;
  10. Relear;
  11. Facer feira;
  12. Somellar unha feira;

lunes, 5 de septiembre de 2011

Utensilios

Os tarros de cristal empregábanse para a conservación de marmeladas e conservas de froitas de elaboración caseira.
Eran utensilios que se reutilizaban unha e outra vez ata que escachaban.