sábado, 28 de agosto de 2010

Cocochas de bacallao

Ingredientes:
  • Cocochas;
  • Aceite de oliva;
  • Allo;
  • Viño branco tipo Tío Pepe;
  • Perixel;
  • Sal;
Elaboración:
Límpanse as cocochas e adóbanse con allo, perixel, sal e aceite de oliva.
Ponse un pouco de aceite nunha cazola de barro a lume lento e bótanse as cocochas , añádeselle un chorro de viño branco e comeza a moverse ritmicamente a cazola para que vaia espesando a prebe. Se vemos que espesa moito añádese un pouco de auga.
Sérvense con patacas ó vapor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario