sábado, 7 de agosto de 2010

As tabernas (2)


Nas tabernas, ademais de viño, gaseosa, cerveza, caña e outros licores, vendían aceite, zucre, sal, pan e outros productos alimenticios, pero tamén tabaco, piensos para os animais, abonos e fertilizantes, sulfato de cobre para as viñas, ferramentas pequenas, cravos e puntas, productos de droguería, material escolar (pizarras, pizarríns, lapis e libretas), incluso tecidos; todo dependendo da existencia ou non doutros establecementos nas proximidades, da inversión que poidera facer o taberneiro e da demanda dos clientes.
Algunhas tabernas tamén daban de comer, case sempre o mesmo menú que facían para a familia, ós traballadores ós que non lles daba tempo de ir comer á casa ou a persoas que se atopaban accidentalmente na zoa.

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Ch. e C. eran un matrimonio novo que fixera unha casa ó carón da pista pola que pasabamos para ir á escola ou á eirexa.
"Era unha construcción de ladrillo en forma de ángulo recto, de pranta baixa; unha parte, aberta cara o Leste, estaba adicada á cría de animais (porcos e galiñas) para o autoconsumo, e a cuberto no que almacenar o toxo, a palla e a comida dos animais e tamén os pipos de viño e as caixas de cervexas e gaseosas.
"A outra , que miraba cara o Sur, estaba adicada a vivenda e a taberna, ámbalas dúas comunicadas por unha abertura no tabique a xeito de porta e da que colgaba unha cortina de cretona. Esta parte estaba rcebada e caleada por fóra, non así por dentro, que se vían os ladrillos ó descoberto.
"Diante da porta da taberna, pola mañá cedo cando pasabamos para a escola aliñábanse as caldeiretas que os paisanos ían enchendo pouco a pouco co leite que acarrexaban en caldeiros. Os homes levábanos á man e as mulleres na cabeza.
"Ch. tiña unha libreta coma as que empregabamos os rapaces na escola na que apontaba cada día a cantidade de leite aportada por cada familia...

No hay comentarios:

Publicar un comentario