martes, 3 de agosto de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal

"O camión das gaseosas chegaba tódolos días a media mañán, aparcaba xusto ó saír da ponte diante da do Lagoeiro, unha pequena na esquina a carón do río; comezaba a descargar caixas con botellas de cervexa, gaseosa, auga mineral e sifóns que ía sustituíndo por outras caixas con botellas de cervexa, gaseosa, auga mineral e sifóns baleiros.
Como había un bo espazo para aparcar, ó cabo dun tempo, xa con máis calma, carrexaba a mesma mercancía a algunhas casas ás que tiña costume e voltaba igoalmente coas caixas dos envases baleiros.
Ás veces e cando somellada ter rematada a súa tarefa, acercábanselle algunha muller ou algún neno e, despois de intercambiar unhas poucas palabras, collía unha ou dúas caixas e marchaba detrás deles. Cando viña de volta, ó cabo duns minutos e agora co paso máis lixeiro, porque a caixa ou caixas que traía viñan baleiras, poñía en marcha o camión e dirixíase á parada seguinte, uns douscentos metros máis arriba...

No hay comentarios:

Publicar un comentario