jueves, 30 de septiembre de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal

"Había rapazas que, por viviren lonxe ou porque súas nais traballaban, comían no colexo. Tamén había algunhas ás que os pais castigaban deste xeito por seren malas comedoras.
"O menú do colexo era bastante monótono, a base de patacas guisadas (cun pouco de carne, ás que as nenas lles chamaban "patacas amarelas" porque as coloreaban con azafrán), fritidas (con ovos e/ou chourizo), en tortilla española; pasta (macarróns, fideos...), arroz e potaxes de lentellas ou garabansos. Raro era o día que serviran peixe. Á sobremesa era unha peza de froita.
"Aínda así había compañeiras ás quelles gostaba comer no colexo, xa que despois de comer dispoñían detempo para xogar, cuchichear coas da súa pandilla ou estudar a toda presa as leccións da tarde.
"Hoxe os menús que ofrecen os comedores escolares son moito máis variados, etán supervisados por expertos nutricionistas e aprobados polas APAs.
"En todo caso, coido que o problema máis importante da alimentacón dos rapaces radica no almorzo, pobre, ás veces só líquido (zume e leite), e na inxesta ó longo do día de productos de bollería industrial, ricos en graxas e zucre. Ademai, a alimentación non pode separarse da actividade física e moitos dos rapaces fan unha vida moi sedentaria...

No hay comentarios:

Publicar un comentario