miércoles, 15 de septiembre de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal

"A comezos dos anos 60 os traballadores por conta allea cobraban por semán e daquelaaínda non se coñecía "a semán inglesa", de xeito que os sábados pola tarde era día de paga.
"Acostumaban os homes pasar pola taberna tomar unha taza de viño, non importaba que o tiveran na casa da súa propia colleita, e convidar a unha ronda ós que estiveran alí.
"Os máis novos tomaban unha taza, pagaban e marchaban para cear, lavarse, barbearse, muda-la roupa de traballo e marchar par "ir ás mozas".
"Os casados encargábanlle ó taberneiro unha tortilla ou un poco de xamón e queixo para compartir mentres xogaban unha partida ó dominó ou ás cartas, ó millor ata altas horas da madrugada...
"Nalgunhas tabernas tamén preparaban pezas de caza (coellos, lebres, perdices...) para tomar unha pandilla de amigos e mailo taberneiro. Moitas mulleres negábanse a preparar as carnes de caza, non tanto porque non souperan facelo, senón para mostrarlle ó home a súa desaprobación á práctica da caza, porque xa o di o refrán: "home cazador e troiteiro, nen boa meda, nen bo palleiro"...

No hay comentarios:

Publicar un comentario