martes, 28 de septiembre de 2010

As berzas

Non todos temos o mesmo concepto deste producto. En xeral, berzas son follas de col, de repolo, de coliflor ou de brécol collidas unha a unha, porque cando se colle o conxunto dicimos "unha cabeza" de repolo, por exemplo; e se collemo-lo cogollo dicimoslles bretóns, con destiño ó consumo humano, porque se van destiñadas ós animais dicímoslle simplemente "verdura", calqueira que sexa a súa procedencia.
Unha nena nunha fonte
por unha berza bebía;
a berza estaba rachada,
toda a auga lle vertía.
(Copla popular; outros informantes din "unha vella nunha fonte...)

As coles:
Prantábanse ó rego, para delimitar lindes ou para protexer das xiadas ou das pestes cultivos coma as patacas. Tamén se prantaban ó legón, nas hortas, para protexer os productos da mesma.
Empregábanse como pratos improvisados, polo seu tamaño e porque non alteraban o sabor da comida, cando non existían aínda os de plástico ou os de papel. Eran máis ecolóxicos que estes. O feito de empregar follas como recipientes é común a moitas culturas.
Tamén se empregaban en lugar do papel hixiénico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario