jueves, 30 de septiembre de 2010

Ficha de traballo (6)


O PAN
  1. ¿Facían o pan na casa? Describir quen, como e que tipo de pezas.
  2. ¿Cantas veces cocían á semán? ¿Cantas persoas eran na casa?
  3. ¿Poñíanse dacordo con outros viciños para cocer? ¿De que xeito?
  4. ¿De que facían o pan?
    • trigo
    • centeo
    • millo
    • mistura
  5. ¿Facían empanadas?, ¿de que?
    • bacallao
    • zorza
    • raxo
    • polbo...
  6. ¿Cando deixaron de cocer o pan na casa?
  7. Cando deixaron de cocer, ¿quen mercaba o pan e onde?
    • taberna
    • panadería
    • levábanllo á casa
  8. ¿Onde estaba a panadería máis próxima?
  9. ¿Que facían co pan reseso?
    • torrixas (de leite, de viño)
    • tortilla
  10. ¿Cal é o producto alimenticio que non son capaces de comer sen pan?
    • queixo
    • xamón
    • pescado miudo
    • polbo...
  11. ¿Canto pan comen ó día?
  12. ¿Que tipo de pan?
    • molete
    • barra
    • bola
    • artesano
    • integral
    • pan de molde...
  13. ¿Con que frecuencia mercan o pan?
    • a diario
    • en días alternos
    • unha vez por semán

No hay comentarios:

Publicar un comentario