jueves, 30 de septiembre de 2010

Ficha de traballo (7)

AS FEIRAS
  1. ¿Que feiras recordan nos entornos nos que viviron?
  2. ¿En que datas e días da semán se celebraban?
    • xoves
    • sábados...
  3. ¿Con que periodicidade?
    • semanais
    • quincenais
    • anuais...
  4. ¿Que se vendía nas feiras que lembran?
    • gando maior e menor
    • tecidos, calzado, roupa, sombreiros
    • froitos e froitas
    • ferramentas, utensilios, aparellos
    • queixo, ovos, peixe...
  5. ¿Existía o regateo?
  6. ¿Que mercaban os homes, as mulleres?
  7. Ademais de mercar e vender, ¿que outras actividades se realizaban na feira?
  8. ¿Quen ía á feira?
    • o home
    • a muller
    • ámbolos dous
    • os mozos e as mozas
    • varias persoas da mesma casa...
  9. ¿Como ían?
    • a pé
    • a cabalo, en mula, en burro
    • bicicleta
    • coche de liña
    • sós
    • varias persoas da mesma aldea
  10. ¿Que mercaban na feira?
  11. ¿Que personaxes curiosos lembran?
    • polbeiros
    • retratistas
    • menciñeiros...

No hay comentarios:

Publicar un comentario