lunes, 11 de octubre de 2010

Os mercados medievais


Unha variante actual das feiras son os chamados "mercados medievais", que se celebran en diferentes localidades da xeografía galega, nuns casos como algo espcífico e noutros como complemento das feiras anuais tradicionais ou coincidindo coas festas patronais.
Un dos atractativos destes mercados, segundo os nosos informantes, é o feito de que os postos de venta aparecen decorados e os vendedores ataviados ó estilo da época, creando un ambiente curioso que racha coa habitual rutina.
Outros destacan como interesante a observación de útiles e ferramentas necesarios para elaborar algúns dos productos que se ofertan, así como o traballo dos artesanos cara ó público, nos postos de cestería, fabricación de xoguetes, encuadernación, talabartería, tecido e outros labores do liño, instrumentos musicais, oleiros, canteiros, etc.
Persoalmente resúltanme interesantes as demostracións de cetrería, arte desaparecido no noso país hai moito tempo; as coleccións de pedras semipreciosas e as alfaias feitas con elas, que soen acompañarse de pequenas explicacións sobre cada unha das pedras, as súas características e as propiedades que lles eran atribuídas na época medieval; tamén os instrumentos de medida empregados nalgúns postos.
Abondan nestes mercados e gozan de gran aceptación por parte do público distintas variedades de pan (con noces, piñóns...), galletas e doces, algúns con froitos silvestres, que actualmente só poderíamos atopar a diario nalgúns países do centro e do norte de Europa, xa que por seren exclusivos das culturas sefardís e árabe, perdéronse a partires do século XVI para nós.
Todos estes productos conviven con outros que nos resultan totalmente cotiáns, como os churros, o polbo ou o churrasco.
REspecto á venta destes productos nos mercados medievais os informantes manteñen diferentes opinións; en xeral consideran que o seu prezo é excesivo en comparación co dos mesmos productos vendidos ou servidos nos establecementos tradicionais; non lle ofrecen garantías hixiénicas suficientes, sobre todo no tocantes ó lavado da vaixela; finalmente, hai quen os considera unha competencia desleal para os establecementos da zoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario