domingo, 24 de octubre de 2010

Lentellas

Ingredientes:
  • Lentellas;
  • Panceta;
  • Chourizo;
  • Aceite de oliva;
  • Allo;
  • Sal;
  • Unha pataca mediana cortada en dados (opcional);
Elaboración:
Póñense as lentellas a remollo o día anterior;
Colócanse nunha tarteira a panceta e o chourizo ben picados, as lentellas e a pataca. Añádeselle auga, aproximadamente tres veces o volume ocupado polos ingredientes; ponse a ferver;
Na ixola quéntase un pouco de aceite de oliva e un dente e allo picado; retírase o allo e vertemos o aceite ben quente na tarteira. Deixamos cocer;
Ó servi-las lentellas podemos engadir un ovo cocido picado e ou picatostes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario