domingo, 17 de octubre de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal

"Nas feiras, sabendo que había movemento de cartos, tamén aparecían algúns pícaros, coa intención de engadar ós paisanos coas súas argucias e obter un beneficio fácil.
"Entre eles estaban os que xogaban coa codicia, ofrecendo productos ou cartos a base apostar; estes sempre tiñan agún cómplice (trileiros); outros xogaban coa curiosidade, ofrecendo aparellos nunca vistos, descobrementos novos, productos cuasi máxicos; e outros coa sicoloxía, cartuxeiros que adiviñaban o porvir por medio das cartas ou ziganas que botaban a "buenaventura"...

"Recordo unha ruleta que colocaban sobre unha banqueta ou unha caixa, que ofrecía como premios reloxos, navallas, chisqueiros, chaveiros, billetes de vinte pesos e, incluso, algún de cicocentas pesetas enrollados. Os reloxos eran os preios máis cobizados, porque daquela só estaban ó alcance dos homes cun bo oficio.
"Por un peso tíñase dereito a tirar o dado e obter o premio situado na casilla correspondente, pero a ruleta estaba trucada e os premios importantes nunca saían...
"Os trileiros xogaban sobre un pequeno taboeiro que colocaban en calquera sitio con tres cubiletes e un garabanso...

"Tampouco faltaban os mendiños, persoas sen recursos, e os tullidos (emprego esta palabra que hoxe non é politicamente correcta e non a de "discapacitados", por esa era a linguaxe da época), víctimas de accidentes domésticos ou laborais, e tamén da poliomielite, da que houbo moitos casos na década dos 40 e dos 50. Moitos deles víanse obrigados a mostrar publicamente as súas miserias para sobrevivir.
Os mendiños eran homes e mulleres de tódalas idades, incluso nenos, que por mor dunha disgracia familiar ou das malas colleitas aían das súas casas e das súas aldeas para conseguir algo con que manterse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario