viernes, 12 de agosto de 2011

A gastronomía e os productos alimenticios no cancioneiro tradicional galego

Algúns exempros:

Esta noite hai unha fía,
tamén hai unha espadela;
póñame o caldo, mi-madre,
que eu temén quero ir a ela.


Maruxiña do forneiro,
hoxe teu pai coceu,
dame un anaco de broa,
pola nai que te pareu.


De Portugal me mandaron
un guisadiño con mollo,
coa cabeza dunha pulga
e o corazón dun piollo.


De Portugal me mandaron
tres peras nun ramalliño,
quen me dera a min saber
quen me ten tanto cariño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario