Curiosamente seguiron empregando estas expresións cando, a finais dos anos 50, os bois de posto foron sustiuídos pola práctica da inseminación artificial a mans dos veterinarios.
"En distintos lugares dos concellos levantáronse con esa finalidade unhas casetas de ladrillo ou, as máis delas, de adobe, cubertas unhas con tellas do país e outras con uralita; sen fiestras, só cuns pequenos bufarros para deixar pasar a luz natural na parte máis alta da parede. Os nenos tiñamos moita curiosidade por saber que había dentro daqueles cubículos, tanta que nen sequera o penetrante cheiro dos excrementos nos disudía da nosa pretensión.
"Como non eramos capaces de chegar á altura dos bufarros, ollabamos por debaixo do portón, tumbándonos por completo no chan, pero quedabamos absolutamente dececionados ó non ver outra cousa que non foran as boñigas secas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario