- A froita co tempo madura;
- A froita roubada é a que millor sabe;
- A laranxa, pola mañá, ouro; ó mediodía, prata; pola noite, mata: era unha crenza popular moi extendida;
- Apodrecer de maduro; dise, no plano metafórico, dunha situación conflictiva que xa non ten saída;
- Caír de maduro; o mesmo que apodrecer de maduro;
- Co tempo maduran as uvas;
- Coller unha boa anada: obter unha colleita abondante;
- Do ano da pera: tamén do ano da polca, do ano da nana, do ano de antaño, do ano atapún..., antiguo, pasado de moda, desfasado; tamén de los tiempos del rey que rabió;
- Estar a partir un piñón: ser moi amigos;
- Estar coma unha uva pasa ou coma un figo paso ou coma un figo chumbo: Ser vello e/ou estar delicado de saúde;
- Estar papando brebas: non facer nada, estar despistado, distraído; tamén "estar papando moscas";
- Feita/o coma unha pera: ben axeitado, perfecto, admirábel, de boa figura; tamén se pode aplicar a persoas; dito curioso se temos en conta que as peras presentan formas moi irregulares, a diferencia doutras foitas e froitos que tenden á simetría;
- Ir á prea: ir roubar froita ás hrtas dos viciños;
- Non che caerá esa breba: non terás a sorte de acadar iso ó que aspiras ou desexas; ;
- Non se lle poden pedir peras ó olmo; non se pode agardar dunha persoa algo que non está nas súas posibilidades;
- Outonecer: dise das froitas e legumes que, pasado o tempo, non maduran, que quedan estancadas no seu proceso de crecemento;
- Quedarlle coma unha pera: dise principalmente dunha prenda de vestir que perfectamente axustada á media; tamén se di "quedarlle que nen pintada/o";
- Quien nísperos come, espárragos chupa, bebe cerveza y besa a una vieja, no come, ni chupa, ni bebe, ni besa;
- Una perita en dulce;
- Vale máis pan duro que figo maduro: porque o pan dura aínda se aproveita e os figos maduros logo apodrecen;
- Xaponesas: variedade de ameixas similares ás xemas;
jueves, 25 de febrero de 2010
Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionados coa froita
Etiquetas:
a froita,
ditos,
expresións,
refráns
martes, 23 de febrero de 2010
Menestra de verduras
Ingredientes:
- Xudías verdes;
- Cabazo;
- Zanorias;
- Puerros;
- Panceta ou xamón;
- Aceite de oliva;
- Sal;
- Pementa;
Córtanse tódolos ingredientes en xuliana e a panceta ou o xamón en dados e póñense a cocer cun chorro de aceite de oliva; añádeselle o sal e a pementa.
Sérvese quente.
lunes, 22 de febrero de 2010
Farangullas
É un deses pratos "pobres" ós que nos referíamos na entrada anterior.
Facíanse con pan de millo (boroa). Cortábase unha loncha de touciño da barriga (con febra) e taquiños e pasábase na tixola; desmenuzábase o pan de millo coas puntas dos dedos e botábase na tixola, remexéndoo cos anacos de touciño e servíase ás veces na mesma tixola.
Comíanse quentes, principalmente como cea.
A cociña na postguerra
Os anos inmediatamente seguintes ó remate da Guerra Civil foron anos de fame, máis aínda que o periodo 1936-1939.
Nesta realidade influíron varias causas:
a) faltaban homes para traballar, os mozos seguían mobilizados, varias quintas estaban simultaneamente nos cuarteis, inclusive algúns na División Azul; outros exiliados, e os que volveran do Frente, mutilados, feridos ou moralmente derrubados, sen estaren en condicións de render ó cen por cen no traballo;
b) o campo galego non estaba practicamente mecanizado e a escasa forza de vellos, mulleres e nenos non abondaba para sacar adiante as colleitas;
c) as terras estaban esgotadas e as sementes empobrecidas pola falla de renovación;
d) o exército incautaba parte da producción para abastecerse a si mesmo e ás grandes cidades, nas que escaseaban os productos máis básicos;
"Franco, danos pan branco,
que de serrín xa nolo daba Negrín"
berraban nas rúas de Barcelona cando a cidade foi tomada polas tropas vencedoras, segundo unha das nosas informantes.
Neste contexto, as mulleres, sobre todo elas, debían buscar a maneira de darlle de comer á súa familia cos escasos productos dos que dipoñían. De aí xurde unha cociña que chamaremos "pobre" e que nos deixou angunhas receitas interesantes.
domingo, 21 de febrero de 2010
Compota de mazá
Ingredientes:
- Mazás;
- Zucre;
- Canela en rama;
Elaboración:
Pélanse e límpanse as mazás, cortándoas en anaquiños; ponse unha pota con auga a ferver e añádeselle as mazás, o zucre e a canela en rama. A cantidade de zucre epende do tipo de mazás e do gosto de cada persoa. Déixase ferver ata que a mazá perde a súa textura.
Sérvese quente.
Antiguamente os médicos recomendábanlla ás persoas con problemas gastrointestinais.
Peituga de polo á prancha
Ingredientes:
- Peituga de polo;
- Allo;
- Sal;
- Perixel;
- Aceite de oliva;
- Queixo en lonchas;
Elaboración:
Filetease a peituga e adóbase con sal, allo e perixel.
Pásanse os filetes pola prancha e colócaselles unha loncha de queixo por enriba.
Acompáñase de patacas ó vapor, fritidas ou en puré, arroz branco e/ou ensalada.
lunes, 8 de febrero de 2010
A froita
No rural case tódalas casas tiñan ó seu redor árbores frutais, pero estes tiñan unha función máis ornamental e de prestixio social que productiva, pois boa parte da froita non se aproveitaba.
Algunhas especies de árbores foron desaparecendo paulatinamente debido, entre outras cousas, á concentración parcelaria, por atoparse a meirande parte delas nas lindes das propiedades, e tamén pola súa sustitución por outras máis rentables desde o ponto de vista económico (os kiwis, por exemplo).
Froitas que había que mercar nas feiras ou nas tabernas, coma as laranxas, os plátanos ou os melocotóns en almíbar, eran moi apreciadas e con elas obsequiábanse ós enfermos ou ás persoas maiores cando se lles facía unha visita.
En Galicia había unha gran tradición de consumo de froitos secos: améndoas garrapiñadas, uvas e figos pasos, piñóns e avelás, dátiles, orellóns, dos que non só gostaban os nenos, senón tamén os máis vellos.
Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
A poda das árbores frutais era unha responsabilidade do home da casa, así coma os inxertos; os coñecementos pasaban de pais a fillos e de avós a netos; os máis vellos tiñan en moi alta estima estes saberes e só os compartían con persoas da súa confianza.
Estaba mal visto que as mulleres souberan destes labores e cando quedaban viúvas ou o seu home enfermaba, se non tiñan fillos maiores ou outro parente que llo fixera, tiñan que acodir á solidariedade veciñal ou pagar por este traballo.
As mulleres que, facendo caso omiso da consideración social, se atrevían a facelo elas mesmas eran censuradas, tanto polos home coma ou aínda máis polas outras mulleres...
As mazás:
Eran unha das froitas máis abondantes, das que existían distintas variedades.
Aproveitábanas para dárllelas ós porcos, cortadas para que non se atragantaran con elas e fervidas.
Tamén llas daban ós nenos, cun anaco de pan, para levar á escola e comer ás once ou á merenda.
Facían compota de mazá, mazás asadas no forno, empanada (con tapa) e tarta (sen tapa) de mazá, para servir como sobremesa, e mazá raiada, que se tomaba como remedio para as diarreas.
As froitas de óso:
As máis apreciadas: pavías e pexegos; cereixas e guindas;
As memos valoradas: Claudias, ameixas, ameixos, ciruelas, abruños, endrinas, amoriños, nísperos, caquis...
Algunhas especies de árbores foron desaparecendo paulatinamente debido, entre outras cousas, á concentración parcelaria, por atoparse a meirande parte delas nas lindes das propiedades, e tamén pola súa sustitución por outras máis rentables desde o ponto de vista económico (os kiwis, por exemplo).
Entre as que foron escaseando pouco a pouco atópanse os membrilleiros. Hoxe parte do mermelo de producción artesanal, para o autoconsumo, elabórase engadindo mazás ós membrillos, cando non se fai exclusivamente con mazás.
Froitas que había que mercar nas feiras ou nas tabernas, coma as laranxas, os plátanos ou os melocotóns en almíbar, eran moi apreciadas e con elas obsequiábanse ós enfermos ou ás persoas maiores cando se lles facía unha visita.
Froitas silvestres: as moras
As moras ou amoras, porque nalgunhas localidades chámanlles deste xeito, son froitas silvestres que abondaban a carón dos balos. Hai dúas variedades: bermellas e negras (estas moi escuras), máis doces.
A diferencia doutros países do centro e norte de Europa, onde se consumen en mermelada ou combinadas con outras froitas, en Galicia apuro se aproveitaban. Pero collíanas os rapaces para xogar porque o seu zugo, de cor aviñatada lles chamaba profundamente a atención, para enfado das nais, porque as manchas eran difíciles de quitar da roupa. Ás veces, os rapaces comíanas a pesares de estaren cheas de pó; algún dos nosos informantes confesou ter collido unha enchenta delas.
Excepcionalmente empregábanse para facer licores mergurándoas en augardente e engadíndolle un pauciño de canela, ademais de xucre.
Excepcionalmente empregábanse para facer licores mergurándoas en augardente e engadíndolle un pauciño de canela, ademais de xucre.
As uvas merecen unha consideración á parte
En Galicia había unha gran tradición de consumo de froitos secos: améndoas garrapiñadas, uvas e figos pasos, piñóns e avelás, dátiles, orellóns, dos que non só gostaban os nenos, senón tamén os máis vellos.
Etiquetas:
a froita,
diarios de mariana Canabal
Sopa de allo
Ingredientes:
- pan reseso troceado en anaquiños (preferiblemente de molete);
- dous dentes de allo;
- aceite de oliva;
- un ou dous ovos;
- Sal;
- Pementa;
Elaboración:
Ponse un pouco de aceite na tixola e frítense os anacos de pan; bótanse nunha pota con auga a ferver; pártense os allos e dóranse na tixola; retíranse e vértese o aceite na pota; bátese o ovo ou os ovos e vértense tamén; déixase ferver uns minutos e sérvese ben quente.
viernes, 5 de febrero de 2010
Refráns, ditos e expresións da fala popular relacionados cos ovos e as galiñas
- ¡A güevos! ou ¡por güevos!: á forza,necesariamente, sen discusión;
- Caír nunha tortilla: magoarse, enfermar de súpeto debido a un exzceso de traballo ou a unha vida pouco saudable;
- Caldo de galiña: líquido rico en graxa que se lles daba ás mulleres recén paridas, obtido da cocción dun anaco de carne de galiña; tamén tabaco de liar;
- Cando seas pai comerás ovos;
- Churras: galiñas novas;
- Comer coma un pito: comer moi pouco;
- Costar un "güevo": precisar esforzo ou sacrificio; en moitas expresións da fala popular, os ovos están relacionados cos órganos sexuais masculinos;
- Cucar un ovo; facerlle un buratiño para tomalo bebido; a orixe do dito procede do costume do cuco de come-los ovos doutros paxaros para sustituílos polos seus e que incuben, de aí que "ser moi cuco" sexa sinónimo de ser moi aproveitado;
- Deitarse coas galiñas ou deitarse coma as galiñas: tamén se di deitarse co Sol, deitarse moi cedo.
- Estar chocando: incubando unha enfermidade ou, referíndose á muller, estar embarazada de pouco tempo;
- Estar coma un "güevo": estar moi suscétibel ou delidado de saúde;
- Estortillarse: caír e magoarse de consideración;
- Facer unha tortilla: esnaquizar algún obxecto;
- Febreiro, oveiro;
- Galadura: mancha na xema do ovo;
- Galiña o que non... (faga determiñada cousa); a galiña asóciase en Galicia co medo, a timidez e a cobardía;
- Galiña que canta coma capón, muller que fala coma un home, na miña casa non;
- Gallo que no canta, algo tiene en la garganta;
- Hai que ter güevos: tamén "hai que botarlle güevos", "hai que telos ben postos", fai referencia á identificación da forza e da vontade cos órganos sexuais masculinos, aínda que a expresión tamén se emprega referida a mulleres; (Ver Miguel de Unamuno);
- ¡Manda güevos!:
- Mata-la galiña antes de poñer os ovos: avaricia, falta de previsión no eido económico; malgastar; esgota-la fonte dos posibles beneficios; a orixe do dito remítenos a un conto tradicional moi extendido por toda Europa ""La gallina de los huevos de oro");
- Non hai galiña gorda por pouco diñeiro; co mesmo siñificado "non dan os duros a catro pesetas";
- Non sabe o raposo as galiñas que durmen fóra;
- O galiñeiro: nos cines e teatros, a parte máis alta do recinto destiñada ó público, coas entradas de máis baixo prezo; nos autocares, os últimos asientos, que soen estar máis outos que os outros; tamén lle din "o poleiro";
- Onde hai galo non manda galiña; equivalente a "onde hai patrón, non manda mariñeiro", pero con certos visos de machismo;
- Para facer unha tortilla hai que rompe-los ovos; o mesmo que "para face-las Américas hai que cruza-lo mar";
- Parece que está poñendo un ovo: dise dunha forma despectiva para referirse a unha postura corporal pouco natural;
- Parecer unha galiña choca: estar decaído, falto de forzas; sofrir unha serie de pequenos achaques;
- Pitas: galiñas novas;
- Poleiro: calquera lugar outo nun recinto, que permite unha vista de conxunto:
- Poñerse coma un pito: mollarse por completo por mor da choiva;
- Poñerse de choco: incuba-los ovos as galiñas;
- Poñérselle a un a carne de galiña: tremer ou arrepiarse; reacción cutánea debida ó frío ou a unha nova disgraciada, tamén ó medo;
- Quedar coma o galo de Morón; o dito completo é "quedar coma o galo de Morón: sen prumas e cacareando en calquera ocasión"; o dito procede dun suceso acontecido en Morón da Frontera (Sevilla) no século XVI;
- Quedar nunha tortilla: caír e magoarse;
- Saír do cascarón: medrar; perde-la timidez e amosarse con naturalidade diante dos demais; mostrar inesperadamente atrevemento en feitos, actitudes e palabras; comportarse con desenvoltura; expresar ideas avanzadas repentinamente;
- Sé-lo amo do galiñeiro: dise do que manda nun grupo;
- Sé-lo galo do corral: ser o único home nun grupo de moitas mulleres; ser o líder dun grupo;
- Ser galo de moitas galiñas: ser un Don Juan; conquistar a moitas mulleres;
- Ser un "rompegüevos": persoa incordiante;
- Ser unha galiña ou ser un galiña: dise dunha persoa cobarde ou medrosa, sempre en feminino aínda que se trate dun home;
- Subirse ó poleiro: adotar unha actitude prepotente;
- Ter a forza dunha galiña: esta expresión aplícasalle principalmente ós homes que, a pesares da súa apariencia física, non teñen forza para levantar ou acarrexar obxectos que teñan algo de peso;
- Ti falas cando as galiñas mexen: expresión de carácter despectivo que se lle di a un neno para indicarlle que non pode participar na conversa;
- Tortillera: lesbiana;
Adiviñas:
Entre dos pares de blancas
hay una flor amarilla
que se le puede presentar
al mismo rey de Castilla
Solución: os ovos fritidos
Cucurico non ten ollos, cú, nen bico
e os fillos de cucurico teñen ollos, cú e bico.
Solución: o ovo
Copla:
O amor que che teño
e máis o que che hei de ter
caben na casca dun ovo
e máis nono han de encher.
A cociña e a vida social
Boa parte da vida social xiraba en torno á comida e ó feito de comer. Tódalas festas tanto relixiosas coma profanas teñen os seus pratos típicos ou productos específicos que se consumen con preferencia en cada data; estes productos están en relación directa coa época do ano e, polo tanto, co seu ciclo natural de crecemento e maduración.
Deste costume non se libraban sequera os acontecimentos luctuosos, coma a morte dun familiar e o conseguinte enterro.
Cando morría unha persoa, os viciños acodían rapidamente, convocados polo toque da campá, para facer os labores (prende-lo lume da lareira, darlle de comer ós animais, estra-las cortes, muxi-las vacas, quitarlleles os ovos ás galiñas, atender ós nenos máis pequenos...) e tamén para cociñar para a familia do defunto e os achegados que viñeran doutras parroquias para acompaña-lo enterro.
Desta tarefa responsabilizábase unha ou máis viciñas que tiveran unha certa experiencia coma cociñeiras, ás veces simplemente por formar parte dunha familia numerosa e estaren acostumadas a acer comida para moita xente.
Para esas ocasións preparábase, ademais de abondante café e copas de caña ou anís, un cocido ou unha carne asada. Botabanman do que houbera na casa nese momento, pero tamén os viciños aportaban viandas dos seus propios fogares, principalmente se sabían ou sospeitaban que no do defunto non habería dabondo.
Todo un exemplo de solidariedade viciñal hoxe practicamente desaparecido.
O feito de comer e beber con xenerosidade nos velorios e antes ou despois do enterro ten hoxe unha valoración socil moi diferente á que tiña hai unhas décadas.
É un fenómeno complexo, común a moitas culturas no que se misturan cuestións prácticas (escorenta-lo frío, p.e.) e sicolóxicas (eros e tanatos) nas que repararemos noutra ocasión.
martes, 2 de febrero de 2010
O consumo de ovos
O consumo de ovos na sociedade tradicional estaba reservado ós nenos, ós vellos, ás persoas de saúde delicada ou mal comedoras, ás costureiras e ós xastres, porque a súa producción tiña outros destiños:
- Vendelos ou trocalos nas feiras ou nas tabernas para mercar outros productos que os paisanos non producían: aceite, sal, sucre, pementón, café, achicoria, cascarilla...;
- Regalalos como parte das obrigas sociais contraídas durante o ano (ós mestres e outros profesionais, así coma cando se visitaba un enfermo ou a unha persoa maior);
- Levarllos ós cregos pola Pascoa para cumpli-lo preceto; unha ducia por matrimonio, media ducia os viúvos). Logo o crego vendíallos ós taberneiros e panadeiros para face-las roscas típicas desta época do ano;
Os ovos tamén se empregaban como parte do pago en especies a algúns traballadores ou, para ser máis precisos, traballadoras (lavandeiras, pranchadoras, costureiras, tecelás...), porque ós traballadores masculinos (carpinteiros, xornaleiros...), agás ós xastres, entregábanlles espigas de millo, fabas, patacas touciño de porco.
De tódolos xeitos, o pago en especies desapareceu antes para os homes que para as mulleres, en parte porque estas eran chamadas a traballar por outras mulleres que moitas veces non dispoñían de cartos en efectivo.
Os ovos tomábanse fritidos (estrellados), batidos (tortila francesa), cocidos, pasados por auga, escalfados, recheos, en tortilla, bebidos (desta forma os paisanos coidaban que tiñan un alto valor alimenticio e ata terapéutico, para "clarear a voce", por exemplo); eran e seguen sendo un ingrediente imprescindíbel na reposteiría...
Con finalidade terapéutica preparábanse ponches: leite quente cun ovo e un chorro de coñá, empregados para cura-los catarros e enfriamentos. Sen coñá tamén se tomaban en casos de anemia, desnutrición e convalecencia.
Tamén un recurso útil para as ocasións nas que se nos presenta un convidado inesperado, para improvisar unha comida rápida ou para completar un prato escaso.
O ovo sempre resultou curioso para os nosos ancestros; un bo exemplo desta curiosodade é a cantidade de refráns, ditos, adiviñas e outras expresións da fala popular nas que o ovo é protagonista.
Tamén existen varias supersticións relacionadas con el, coma a de levarlle ovos a Santa Clara para que non chova nun día determiñado, as autoridades municipais no día dunha festa patronal ou as noivas o día da súa voda. Este costume segue aínda vixente en cidades como Santiago de Compostela.
Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
Ós ovos fritidos dicíanlles "ovos estrelados"; non só fritían os ovos das galiñas, senón tamén os das pombas que se criaban nos pombais, das perdices e outros paxaros, que se collían nos niños, como di a copla popular on doble intención:
A rula vaise queixando
que lle roubaron o niño;
¿quen cho mandou facer, rula,
tanto á beira do camiño?
Segundo a tradición popular eran o manxar preferido dos xastres; fritíanse sós, con chourizos ou cunhas lonchas de touciño, neste caso a graxa do touciño facía as veces do aceite...
Etiquetas:
diarios de mariana Canabal,
opinión,
os ovos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)