jueves, 25 de agosto de 2011

Os Diarios de Mariana Canabal

A herbaluisa
"En case tódalas hortas había un destes arbustos. Aproveitábanse as follas, que se collían unha a unha, aproveitando só as máis tenras, para facer infusións ás que se lles atribuían propiedades dixestivas similares ás da macela. Se alguén nona tiña, pedíalla a un viciño ou, simplemente leváballe unha poliña porque a ninguén lle parecía mal.
"Gostábame que miña avoa me mandara facer ese labor, xa que as follas da herbaluisa teñen un agradable arrecendo que se impregnaba nas mans e duraba un certo tempo.
"Á infusión añadíanlle ocasionalmente unhas pingas de anís ou de augardente de herbas.
"Tamén se empregaban, neste caso sen escollelas tanto, para misturadas con romeo, petalos de rosa, etc. e preparar na noite de San Xoán a auga coa que se lavaban a cara e mailas mans ó día seguinte...

No hay comentarios:

Publicar un comentario