miércoles, 3 de agosto de 2011

Os Diarios de Mariana Canabal

"O boi de posto era un boi sen castrar, adicado á reproducción. Cando a vaca estaba en celo, que lle dicían "andar ó boi", os paisanos levábana á casa do propietario do boi, moitas veces noutra parroquia, para que este a cobrira ("leva-la vaca ó boi").
Curiosamente seguiron empregando estas expresións cando, a finais dos anos 50, os bois de posto foron sustiuídos pola práctica da inseminación artificial a mans dos veterinarios.
"En distintos lugares dos concellos levantáronse con esa finalidade unhas casetas de ladrillo ou, as máis delas, de adobe, cubertas unhas con tellas do país e outras con uralita; sen fiestras, só cuns pequenos bufarros para deixar pasar a luz natural na parte máis alta da parede. Os nenos tiñamos moita curiosidade por saber que había dentro daqueles cubículos, tanta que nen sequera o penetrante cheiro dos excrementos nos disudía da nosa pretensión.
"Como non eramos capaces de chegar á altura dos bufarros, ollabamos por debaixo do portón, tumbándonos por completo no chan, pero quedabamos absolutamente dececionados ó non ver outra cousa que non foran as boñigas secas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario