jueves, 22 de julio de 2010

Pagar piso

Era abonar unha cantidade en metálico para poder ocupar ocasionalmente un posto nun mercado, nunha feira, romería ou no campo da festa para poder productos alimenticios ou doutro xénero (as tómbolas, as barcas e calisquera outras atraccións, por exemplo). A cantidade a pagar, normalmente por adiantado, dependía das zoas, da superficie ocupada e da súa situación, dos productos que se vendían e dos servizos que se ofertaban.
Tamén "pagaba piso" o mozo dunha parroquia que pretendía a unha moza doutra. Neste caso o pago consistía en invitar ós mozos solteiros conviciños da noiva a unhas rndas na taberna; entrementes nono fixera sería víctima de todo ipo de bulras, brincadeiras e atrancos por parte daqueles que consideraban que lles estaba pisando o seu terreo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario