martes, 20 de julio de 2010

O pan (2)


Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Había un forno de leña case fronte á nosa casa; o panadeiro era un home xa de idade, baixote e regordecho, de ollos claaros, barba e pelo canos; calzaba verán e inverno alpargatas de esparto e pantlóns de Mahón dunha cor indefinida por mor da fariña.
De nena ía pola mañán cedo mercar as boliñas de pan aínda quentes para o almorzo; eran as primeiras pezas que saían da fornada; a unha peseta con vinte céntimos, cinco bolas costaban seis pesetas; sempre levaba a conta xusta, que deixaba ó saír sobre o mostrador, pois a aquela hora o panadeiro enfornaba os moletes e amoláballe ter que abandoar este labor por mor de busca-lo cambio no caixón.
As boliñas estaban nunhas cestas de bimio sobre o chan, perto da porta do forno, así que, despois de metalas na bulsa de vichí, ás veces, parábame un intre a observar como o panadeiro ía deixando con coidado as pezas sobre a pedra quente coa axuda da pá...

Esta boca pide pan,
este queixo, queixolán,
este narís, narisete,
estes ollos revirollos...
Era unha cantinela que lle dicían ós nenos máis pequenos, ó mesmo temp que lle levaban a manciña a cada unha das partes da face que se ían citando; formaba parte da aprendizaxe infantil e do recoñecemento do propio corpo.

Esta boca pide pan tamén o dín algunhas persoas maiores cando bostezan, por aquilo de fame ou sono...

No hay comentarios:

Publicar un comentario