lunes, 10 de mayo de 2010

"Os cabreiros"

Fragmento dos "Diarios de Mariana Canabal"

...Os cabreiros ían polos barrios cos seus rebaños unhas semás antes da festa; no barrio de Sar, onde vivín unha temapada a mediados dos anos 60, o cabreiro chegaba despois do Apóstolo (25 de xullo), viña da zoa de Aríns e detíase nunha pequena herbeira na marxe direita do río, pasada a ponte.
O rebaño era variopinto: cabras, uns poucos carneiros e cabuxos, algúns que apuro se sostiñan sobre as súas patas fracas, pois eran moi noviños. Ó cabo duns días o aspectos do rebaño ía millorando e, ó mesmo tempo, íase reducindo, xa que os viciños que tiñan hortas mercaban os cabritos ou as cabras con anticipación e levábanas para as súas casas, onde as mantiñan ata que chegara o momento de matalos, poucos días antes das festas da Nosa Señora (15 de agosto).
Outro tanto acontecía nos barrios de Vista Alegre, nos que tamén era tradicional prepara-la cabra polas festas de San Xoán...

No hay comentarios:

Publicar un comentario