domingo, 25 de abril de 2010

As papas

  • As papas de millo: eran moitas veces a cea ou o complemento da comida dos vellos que tiñan problemas de masticación ou estaban desdentados; agregábanlle leite;
  • As papas de trigo: eran unha base importante da alimentación dos nenos de corta idade; facíanas coa fariña máis fina á que chamaban óleo; tamén as tomaban os vellos, os enfermos e os convalecentes;
  • As papas de arroz: con leite e canela en pó, eran unha sobremesa propia das festas e celebracións familiares;

  1. Comerlle as papas a alguén: no plano físico, ser máis alto; ser máis intelixente ou habilidoso que outro, a pesares de ter a mesma idade ou condición:
  2. Misturar papas con berzas e berzas con papas: confundir os termos dunha conversa, ser desordeado;
  3. Non estar máis que para unhas papas: sentirse vello, sen forzas;
  4. Pedir papas: nos xogos de adiviñar, solicitar que nos proporcionen a solución, renderse, declararse incapaz de ultimar un labor ou de acadar un propósito;

No hay comentarios:

Publicar un comentario