domingo, 5 de diciembre de 2010

"Andar coma o porco de San Antonio"

Dise dunha persoa, principalmente dun vello ou dun neno, que sobrevive sen que ninguén lle preste atención, indo un lugar a outro, recibindo algún sustento de xeito caritativo.
A orixe do dito provén do costume de mercar un porquiño qu se mantiña de forma comunitaria para poxalo logo coa finalidade de obter cartos para a organización das festas patronais.
San Antonio é un santo moi popular en Galicia, a el ofrecíanlle esmolas cando lles enfermaba un aimal e tamén lle pregaban para facer una boa venda cando o levaban á feira.
A tradición popular en torno San Antonio faino casamenteiro, protector dos animais (neste caso por unha posible asimilación con San Antonio Abade -San Antón-), avogados dos pobres e ó que se acode para aopa-los obxectos perdidos.
San Antoniño,
dádeme un home,
anque me mate,
anque me esfole
cantaba Rosalía de Castro facéndose eco do sentir popular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario