jueves, 25 de noviembre de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal

"Cando era nena tiñamos uns horarios moi regulares á hora de almorzar, xantar, merendar e cear, que estabn marcados polo ritmo escolar, pois se había algo sagrado na nosa casa era o acodir puntualmente á escola.
"Se os adultos da familia, por cuestión dos seus traballos, non podían adaptarse a ese ritmo eran ele os que se sacrificaban tomando a comida morna ou requente.
"Non acontecía o mesmo noutras familias viciñas, nas que os nenos ían á escola sen almorzar e cando voltaban dela, loxicamente con fame e con frío no inverno, poñíanse a xogar na rúa porque o xantar non estaba aínda feito. Logo comían malamente porque tiñan que voltar deseguido á escola ou, se apuraban o xantar, chegaban tarde á escola, o que conlevaba, de seguro unha reprimenda e, probablemente tamén algún castigo.
"Estas irregularidades nas horas das comidas eran, moitas veces, unha das causas principais do escaso rendimento escolar dalgúns rapaces e rapazas.
"Tamén tiñamos horarios fixos para deitarnos e erguernos, agás os sábados, que agardabamos para cear todos xuntos, a pesares de que moitos domingos marugabamos para facer unha pequena excursión a calquera sitio dos arredores, pois había que voltar ó anoitecer para dispor todo o preciso para voltar á escola ben despertos o luns pola mañá.
"O tempo de lecer, que adicabamos ós xogos, á lectura ou, simplemente, a non facer nada, estaba supeditado ás obrigas mencionadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario