sábado, 9 de enero de 2010

Peixes de mar

LISTA DE PEIXES COÑECIDOS POLOS NOSOS INFORMANTES:

De mar:

Abadexo – abadejo
Acedías: similares ós rapantes.
Agullas (teñen un sabor forte, por iso algúns dicíanlles “agullas de enhebrar viño”); fritidas.
Anchoas – boqueróns – bocartes: en salmoeira.
Anguilachos: similares ás anguilas, pero non tiñan tanto aprezo. Tomábanse fritidos. Agora non é doado atopalos nos mercados.
Areeiro – similar ó linguado, pero de peor calidade.
Arenques. Viñan en tinallas, afumados ou salgados.
Atún: O seu consumo foi a máis paulatinamente, porque lles gosta incluso a aqueles ós que non lles gosta o pescado.


Bacallao – bacalao: salgado e curado, mercábase nas tabernas e ultramariños por follas, medias follas ou toros, que se cortaban cunha guillotina;
Bacallaos – lirios – bacaladilla; limpábanse, abríanse pola barriga e quitábaselles a cabeza, de xeito que só lles quedaba a espiña dorsal; salgábanse e adobábanse con allo e perixel, rebozábanse en ovo e fariña; era un xeito de conquerir que os nenos comeran pescado.
Barbada: similar á faneca.
Bertorella: tomábase en empanada;
Besugo – ollomol: principalmente, ó forno; prato de Nadal.

Bolas
Bonito
Boqueróns – bocartes – anchoas.
Caballa – xarda – verdel.
Cabracho
Cariocas – Pescadillas de enroscar; fritidas;
Casón – sácaselle a pel para vendelo
Castañeta – Palometa
Chincho – manueliño – xurelo pequeno
Congrio
Correa – sable – parecido ó congrio, pero máis claro e ten espiña
Escacho – rubio – cuco; consúmese fervido ou en caldeirada.
Fanecas: pescado branco, sempre fritido;
Fatías – cabalos: empregábanse como carnaza.
Fodóns – bogones – machos
Gallo – meiga
Gallopedro – sanmartiño – peixe de San Pedro
Guardiasciviles – xurelos grandes para asar, tamén chamados “guardias de asalto”, cortábanse en toros e adobábanse con allo e perixel; eran uns dos pescados máis baratos;
Lanzón: de corpo moi alargado.
Lenguadina – Coreano – rapante rosado
Linguado – Lenguado
Lirios – bacallaos – bacaladillas.
Lorchos – péscanse con cana
Machos – Fanecas pequenas; fritidas.
Manueliños – chinchos – Xurelos pequeños
Maragota – durdo
Maruca
Meigas – gallos
Melgacho – Cazón
Mero: Xa o di o refrán, “de la mar, el mero...”.
Monxas
Morena






Muxos – muxatas: peixe miúdo.
Ollomol – Besugo
Palometa – Castañeta
Palometa roxa
Panchotes – besugos pequenos
Parrocha – sardiña pequena, xouba.
Peixe espada
Peixe sapo – Rape – Rabada
Pescada – Merluza
Piardas – pións – fodóns – peones – similares os boqueróns
Pinto – maragota – durdo
Pións – piardas – fodóns – peones
Puntillas
Quenlla
Rabada
– Peixe sapo – Rape
Raia – Raya; antes non a mercaba ninguén, a superstición popular dicía que menstruaba como as mulleres;
Rapante – rapapelos (na Coruña), fritíanse eteiros, pero sen cabeza, ou torados, segundo o tamaño;
Rape – peixe sapo – rabada
Rincha – Xarda – caballa verdel
Robaliza – Lubina
Rodaballo – pala




Rubio – escacho;
Sable – Pez correa
Salmonete
Sanmartiño – Peixe de San Pedro – gallopedro. Recibe o nome de sanmartiño porque está en comida no mes de novembro. Non hai que confundilo cn outro peixe, este de auga doce, abondante no Mar de Galilea que soen ofrecer enTiberiades ós viaxeiros que visitan Israel.
Sardiña – Sardina
Sargo
Serrán – serrano – ten moitas espiñas
Solla
Tranchos: pescado miúdo que se servía fritido;
Xarda – Caballa – Verdel; podían prepararse recheas tanto polo lombo como pola barriga;
Xouba – parrocha - A sardiña pequena; fritidas ou en empanada feita con fariña de millo;
Xurelo – Jurel – Chicharro – Rincho Verdel – Caballa – Xarda


No hay comentarios:

Publicar un comentario