lunes, 4 de enero de 2010

Os saberes culinarios

Na sociedade tradicional os saberes culinarios transmitíanse de nais a fillas e de avoas a netas. Nas familias máis numerosas ou que contrataban xornaleiros era preciso adicar unha persoa, unha muller, salvo casos excepcionais, a "face-lo xantar", que quedaba liberada dos labores agrícolas.
En case tódalas aldeas había algunha muller que tiña fama de boa cociñeira e chamábana para preparar as comidas das vodas, que se soían facer na casa da noiva, e dos enterros, tanto o xantar preparado na casa do difunto para os seus familiares, omo para os cregos que o celebraban, así como para as celebracións nas casas principais. A estas mulleres unhas veces pagábanlles en cartos e outras en especies.
Nas familias máis reducidas o face-lo xantar era un labor das mulleres máis vellas; mentres tiñan forzas para ilo como símbolo do seu poder no seu familiar e logo, con algunha axuda, para facerlle sentir que aínda era útil.
O relevo xeracional estaba representado pola cesión do cesto da feira á filla ou á nora.
A muller que facía o xantar era tamén a administradora da economía familiar e a responsable de darlle de comer ós animais, sobre todo ó gando menor.
A moza que tiña boa man para a cociña era máis valorada polos mozos e apreciada polos sogros cando casaba para a casa do home. Non tódalas mulleres aprendían a facer de comer porque moitas delas debían ir ás leiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario