lunes, 11 de octubre de 2010

"Rollitos de puerros"

Ingredientes:
  • Puerros;
  • Sal;
  • Xamón en lonchas (serrano ou cocido);
  • Queixo en lonchas;
Elaboración:
Cócense os puerros con sal, escúrrense ben e pícanse miúdos; colócanse sobre unhas lonchas de xamón e enróllanse, por fóra poñémoslle unha loncha de queixo, tamén enrollada, metemos no forno durante uns minutos.
Acompáñamos de arroz branco, puré de patacas, cachelos ou pasta.

Ficha de traballo (10)


Os mercados medievais


Unha variante actual das feiras son os chamados "mercados medievais", que se celebran en diferentes localidades da xeografía galega, nuns casos como algo espcífico e noutros como complemento das feiras anuais tradicionais ou coincidindo coas festas patronais.
Un dos atractativos destes mercados, segundo os nosos informantes, é o feito de que os postos de venta aparecen decorados e os vendedores ataviados ó estilo da época, creando un ambiente curioso que racha coa habitual rutina.
Outros destacan como interesante a observación de útiles e ferramentas necesarios para elaborar algúns dos productos que se ofertan, así como o traballo dos artesanos cara ó público, nos postos de cestería, fabricación de xoguetes, encuadernación, talabartería, tecido e outros labores do liño, instrumentos musicais, oleiros, canteiros, etc.
Persoalmente resúltanme interesantes as demostracións de cetrería, arte desaparecido no noso país hai moito tempo; as coleccións de pedras semipreciosas e as alfaias feitas con elas, que soen acompañarse de pequenas explicacións sobre cada unha das pedras, as súas características e as propiedades que lles eran atribuídas na época medieval; tamén os instrumentos de medida empregados nalgúns postos.
Abondan nestes mercados e gozan de gran aceptación por parte do público distintas variedades de pan (con noces, piñóns...), galletas e doces, algúns con froitos silvestres, que actualmente só poderíamos atopar a diario nalgúns países do centro e do norte de Europa, xa que por seren exclusivos das culturas sefardís e árabe, perdéronse a partires do século XVI para nós.
Todos estes productos conviven con outros que nos resultan totalmente cotiáns, como os churros, o polbo ou o churrasco.
REspecto á venta destes productos nos mercados medievais os informantes manteñen diferentes opinións; en xeral consideran que o seu prezo é excesivo en comparación co dos mesmos productos vendidos ou servidos nos establecementos tradicionais; non lle ofrecen garantías hixiénicas suficientes, sobre todo no tocantes ó lavado da vaixela; finalmente, hai quen os considera unha competencia desleal para os establecementos da zoa.

domingo, 10 de octubre de 2010

Ficha de traballo (9)

APRENDER A COCIÑAR
  1. ¿A que idade aprendeu a facer de comer?
  2. ¿Quen lle aprendeu?
    • súa nai,
    • avoa;
    • irmá máis vella;
    • outras persoas (especificar)
  3. Aprendeu:
    • por gosto;
    • por necesidade;
    • porque ía casar,
    • por razóns profesionais;
  4. ¿Sabía cociñar cando casou?
  5. ¿Aprendeulle a cociñar ás súas filas?, ¿e ós seus fillos?
  6. ¿Emprega libros de cociña?, ¿con que frecuencia?
  7. ¿Colecciona receitas de cociña?
  8. ¿Consulta receitas de cociña en Internet?
  9. Escriba a súa receita preferida.

Salmón ó forno

Ingredientes:
  • Salmón;
  • Patacas;
  • Cebola;
  • Pan raiado;
  • Aceite de oliva;
  • Sal;
Elaboración:
Córtase o salmón en toros delgados e sálgase.
Póchase a cebola un pouco e colócase nunha bandexa de forno cubríndoa con patacas cortadas en rodallas finas e o salmón envolto en pan raiado.
Métese quince minutos ó forno.

Os nosos menús


Menú 188:
  • Xoubas guisadas;
  • Salmón ó ferro;
  • Queixo con mermelo;
Menú 189:
  • Champiñóns ó allo;
  • Costeletas de cordeiro con ensalada;
  • Arroz con leite;
Menú 190:
  • Ensalada de lombarda;
  • Albóndigas;
  • Tarta de mazá;
Menú 191:
  • Acelgas con allada;
  • Calamares á romana;
  • queixo con mermelo;
Menú 192:
  • Ensalada de atún;
  • Canelóns con polo;
  • Froita de tempada;

Coello á cazola


Ingredientes:
  • Coello;
  • Allo;
  • Perixel;
  • Aceite de oliva;
  • Sal;
  • Viño branco ou tinto;
Elaboración:

Pártese o coello e ponse en adobo con allo, perixel, aceite de oliva e sal; dórase na tixola e pásase á cazola, verténdolle o aceite, coado para que non se pegue, e un vaso de viño branco ou tinto.
Sérvese con arroz branco.