Mostrando entradas con la etiqueta coello. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coello. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de octubre de 2010

Coello á cazola


Ingredientes:
  • Coello;
  • Allo;
  • Perixel;
  • Aceite de oliva;
  • Sal;
  • Viño branco ou tinto;
Elaboración:

Pártese o coello e ponse en adobo con allo, perixel, aceite de oliva e sal; dórase na tixola e pásase á cazola, verténdolle o aceite, coado para que non se pegue, e un vaso de viño branco ou tinto.
Sérvese con arroz branco.

miércoles, 28 de julio de 2010

Coello asado con patacas

Ingredientes:
  • Coello;
  • Dúas cebolas;
  • Patacas;
  • Allo;
  • Perixel;
  • Sal;
  • Aceite de oliva;
  • Viño branco;
Elaboración:
A víspera trocéase o coello e pñonse en adobo con allo, perixel e sal machacados nun morteiro;
Nujnha tarteira ponse un chorro de aceite de oliva e as dúas cebolas enteiras; pásase o coello ata que está dourado; añádeselle un vaso de viño branco e déixase cocer ata que esté brando; retírase para unha fuente e bótanse na tarteira as patacas redondas; rectíficase de sal e engádeselle un pouco de auga, déixanse cocer; ponse o coello enriba das patacas para que se quente e sérvese.

martes, 16 de marzo de 2010

O coello do monte e o da casa

Algunhas familias criaban coellos, tanto para o autoconsumo, como para vender nas feiras por parellas para procrear, aínda que esta actividade non fora siñificativa desde o ponto de vista económico, porque os coellosson animais delicados, que requiren moitos coidados e morren con moita frecuencia.
Os coellos do monte consumíanse só cando as familias estaban apuradas pola falta de alimentos, xaque era máis rentábel vendelos na taberna ou a profesionais (médicos, boticarios, mestres...) que pagaban ben por eles, empregando eses cartos para mercar zucre, café, aceite e outros productos que os paisanos non producían.
Tamén os coellos do monte escaseaban ás veces víctimas dos seus inimigos naturais ou das pestes ou eran esquilmados pola caza furtiva empregando furóns.
O coello tomábase asado ou guisado, tanto con patacas coma con arroz; tiña un tratamento gastronómico similar ó do polo.