lunes, 1 de agosto de 2011

Bacallao con espinacas

Ingredientes:
  • Bacallao previamente desalgado;
  • Espinacas;
  • Aceite de oliva;
  • Sal;
  • Allo;
  • Perixel;
  • Caldo de verduras;
Elaboración:
Frítese o bacallao a lume lento e retírase para un prato.
No mesmo aceite frítense os dentes de allo, añádenselle o perixel e o caldo de verduras; deixamos que ferva e añadimo-las espinacas. Salgamos.

sábado, 30 de julio de 2011

Os nosos menús


Menú 275:
  • Crema de zanoria;
  • Peituga de polo ó ferro;
  • Rosquillas de anís;
Menú 276:
  • Empanada de atún;
  • Tortilla española;
  • Quiexo con marmelo;
Menú 277:
  • Revolto de espinacas;
  • Bacallao con pasas;
  • Mazás asadas;
Menú 278:
  • Ensalada de gambas con salsa rosa;
  • Peixesapo á galega;
  • Filloas recheas de mel;

Gazpacho andaluz


Ingredientes:
  • Tomates
  • Colombro (Pepino)
  • Pemento verde
  • Allo
  • Pan reseso
  • Aceite de oliva
  • Vinagre
  • Sal
  • Auga
Elaboración:
Ponse o pan a remolo; machácanse os dentes de allo no morteiro; pícanse o pemento e mailo colombro, quitándolles a semente; pélanse os tomates e pásase a mistura pola batidora, añadíndolle o aceite de oliva.
Bótase nun bol e agréganselle a auga, o vinagre e o sal. Sérvese moi frío.

jueves, 28 de julio de 2011

Ficha de traballo (35)

Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular:

  • Non chegar nen a media merenda;
  • Acudir como moscas a la miel;
  • Contigo pan e cebola;
  • Ir de lúa de mel;
  • Ser de bo ou mal dente;
  • A vergonza do galego;
  • Saír do cascarón;
  • Negarlle a un o pan e o sal;
  • Ser unha veiga aberta;
  • Estar nos ósos;
  • Ser un óso duro de roer;
  • A pedir de boca;

Croquetas de xamón

Ingredientes:
  • Xamón;
  • Fariña;
  • Ovo batido;
  • Aceite de oliva;
  • Pan relado;
  • Sal;
  • Leite;
  • Perixel;
Elaboración:
Ponse un pouco de aceite de oliva nun cazo ó lume e vaise botando a fariña e mailo leite, removendo continuamente para que non se pegue, ata conquerir unha pasta fina e homoxénea.
Pícanse o xamón e mailo perixel moi miudiño e mistúranse coa pasta; remóvese unha vez máis e añádeselle o sal.
Retírase do lume e déixase enfriar. Coa axuda dunha culler facemo-las croquetas que rebozamos con ovo batido e pan relado e fritimos para servir quentes.

sábado, 23 de julio de 2011

Utensilios: As damajuanas

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"Empregábanse para levar pequenas cantidade de viño ás once ou á merenda, para os que traballaban nas leiras, ou cando se ía de romería.
"Habíaas de distintos tamaños; pero predominaban as de 8 ou 16 litros de capacidade.
"Nos anos 60 quitábaselle o "cesto" e decorábanse con vitolas dos puros habanos, para darlle unha función ornamental; tamén se lles daba textura deixando esbarar cera derretida pola superficie exterior e pintándoas logo con "ouro líquido" (pintura dourada)...

viernes, 22 de julio de 2011

Os Diarios de Mariana Canabal

"Gardabamo-lo pan reseso para unha muller que fora viciña durante un tempo e logo marchara para as aforas. Como alí tiña horta, prantaba verdura e no soto da casa criaba porcos, galiñas e coellos para axudar á economía familiar. Viña recoller o pan unha vez por semán, case sempre os vernes. Ó principio só llo gardabamos nós, pero logo comezaron a facelo outras viciñas.
"De vez en cando, traíanos unhas ducias de ovos e maila proba do porco cando mataba (chicharróns, un anaco de touciño e parte do raxo) para amosarnos o seu agradecemento. Desde o ponto de vista económico era un mal negocio para ela, pero servíalle de disculpa para seguir en contacto coas súas antiguas viciñas...