- O que se pica, allos come;
- Naranjas de la China;
- Ser can de moitas merendas;
- O palleiro non se fai sen palla;
- Comer coma un paxariño;
- Co tempo maduran as uvas;
- Comer rabos de pasa;
- Sacar tallada;
- Ser todo mel e manteiga;
- Relear;
- Facer feira;
- Somellar unha feira;
jueves, 8 de septiembre de 2011
Ficha de traballo (42)
Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular galega:
lunes, 5 de septiembre de 2011
Utensilios
Os nosos menús
A nosa memoria musical
Axéitame a polainiña (1),
axéitama polaína,
axéitama diste lado
que diste outro xa che está.
Quero bailar e troular
anque son vello, netiña,
que traballen os que poden
que eu traballei toda a vida.
Quero ir ás festas e ás romerías,
come-lo pulpo e outras cousas finas,
beber bo viño, falar coa xente
e ouvi-la gaita do señor Vicente.
E véndemos bois e véndemas vacas
e non vendas o pote das papas;
véndema cunca e mailo cunqueiro
e non me vendas o meu tabaqueiro.
E axéitama polainiña
e axéitama palaina,
axéitama diste lado
que diste outro xa che está.
(1) Cantiga que interpretaba magnificamente Fautisno Santalices, acompañándose coa zanfoña.
Guiso de carne
Ingredientes:
- Carne de terneira;
- Patacas pequenas;
- Chícharos;
- Cebola pequena;
- Sal;
- Aceite de oliva;
- Viño branco;
- Ourego;
- Azafrán;
Elaboración:
Cortámo-la carne en tacos, eliminando a graxa e os nervos. Adobámola con aceite de oliva, viño branco e ourego. Deixamos repousar un par de horas.
Poñemos un pouco de aceite na cazola e dourámo-la carne; engadímo-las patacas, os chícharos, os restos do adobo, a cebola enteira, unha pizca de azafrán e o sal e cubrimos con auga. Deixamos cocer a lume lento.
É un prato que facilita a inxestión de carne a aquelas persoas ás que esta non lles gosta ou para as que teñan algún problema de masticación (persoas maiores, por exempro).
domingo, 4 de septiembre de 2011
Ficha de traballo (41)
O ALMORZO:
1. ¿Que almorzaban cando eran nenos?
- Leite
- Chiculate
- Cacao
- Café
- Auga con sal
- Cascarilla
- Pan
- Froita...
2. ¿Almorzaban o mesmo en tódalas épocas do ano?
3. ¿A que hora almorzaban?
4. ¿Onde almorzaban?
- Cociña
- Comedor
- Cuarto
- Fóra...
5. ¿Que almorzaban os outros membros da familia?
- Avós
- Pai
- Nai
- Irmáns máis vellos
- Xornaleiros
- Outras persoas do servizo...
6. ¿Marchaba para a escola sen amorzar?
7. ¿Dábanlle leite en pó na escola?
8. ¿Que lles daba de almorzar ós seus fillos?
9. ¿Que almorza actualmente?
- Leite
- Iogurt
- Cacao
- Café
- Té
- Marmeladas
- Tostadas
- Froita
- Cereais...
sábado, 3 de septiembre de 2011
Os nosos menús
viernes, 2 de septiembre de 2011
Os Diarios de Mariana Canabal
"O aceite vendíase a granell, por litro ou por cuartillo (medio litro). Botábase nunha botella de vidrio, que levaban os compradores, por medio dunha máquina de émbolo, que soía estar colocada nunha esquina do mostrador nas tabernas e ultramariños.
"Se se mercaban cantidades máis grandes empregábanse damajuanas (garrafas) que podían ter unha capacidade de ata 16 litros.
"Ás veces o aceite pagábase en especies, trocándoo por ovos, caña, etc.
No inverno, coas baixas temperaturas, o aceite callábase nas botellas. Achegábanas ó lume da lareira con coidado para que non estoupasen e, co calor, formábanse unhas capas brancas en suspensión sobre o resto do líquido, que ó mover a botella somellaban copos de neve. Era un fenómeno que chamaba a atención dos rapaces, que ficabamos un anaco ollando para a botella ata que volvía a apousar...
Etiquetas:
aceite,
diarios de mariana Canabal
Utensilios
Utensilios realizados polos oleiros, que se mercaban preferentemente nas feiras. Estes recipientes empregábanse tanto para cociñar coma para conserva-los alimentos. Estas funcións perduraron a pesares da aparición doutros utensilios máis resistentes ó calor, coma as potas de ferro esmaltado, por exempro, para a elaboración de pratos específicos, coma asados, paellas ou pescados; e tamén para preservar productos da gastronomía tradicional (chourizos, poño por caso), nun intento de conservar sabores de gran poder evocador.
Curiosidades
O "Padriño seco":
Dicíase do que non lle levaba ó seu afillado o "bolo" pola Páscoa, tal como era costume na sociedade tradicional galega.
Ficha de traballo (40)
Completamos a táboa indicando dous productos consumidos habitualmente no almorzo, un menú consistente nun primeiro prato, un prato principal e unha sobremesa para o xantar e un prato e unha sobremesa para cea. Facemos iso para cada un dos días da semán.
Unha vez que a táboa está completa, coloreamos cada cela empregando o seguinte criterio:
- Carnes: roxo;
- Pescados: azul;
- Froitas e verduras: verde;
- Ovos: laranxa;
- Lácteos: amarelo;
- Patacas, pasta e arroz: branco... coma no exempro:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)