Mostrando entradas con la etiqueta aceite. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aceite. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de septiembre de 2011

Os Diarios de Mariana Canabal

"O aceite vendíase a granell, por litro ou por cuartillo (medio litro). Botábase nunha botella de vidrio, que levaban os compradores, por medio dunha máquina de émbolo, que soía estar colocada nunha esquina do mostrador nas tabernas e ultramariños.
"Se se mercaban cantidades máis grandes empregábanse damajuanas (garrafas) que podían ter unha capacidade de ata 16 litros.
"Ás veces o aceite pagábase en especies, trocándoo por ovos, caña, etc.
No inverno, coas baixas temperaturas, o aceite callábase nas botellas. Achegábanas ó lume da lareira con coidado para que non estoupasen e, co calor, formábanse unhas capas brancas en suspensión sobre o resto do líquido, que ó mover a botella somellaban copos de neve. Era un fenómeno que chamaba a atención dos rapaces, que ficabamos un anaco ollando para a botella ata que volvía a apousar...

martes, 31 de agosto de 2010

Aproveita-lo aceite


Como o aceite era un producto caro só o empregaban cando era imprescindíbel, nos outros casos fritían con graxa de porco.
Tamén o reutilizaban, para iso as amas de casa dispoñían de dous recipientes de cristal, un para o aceite do pescado e outro para o resto.

Recomendacións:
Reutilizar o aceite non é aconsellable nen desde o ponto de vista gastronómico, porque vai collendo un sabor rancio, nen desde o sanitario, porque é máis difícil de dixerir; pero para aforrar aceite o millor é non abusar das frituras; os productos preparados ó ferro apuro requiren aceite e son máis saudables.

Para desbota-lo aceite, empapa un papel de xornal cos restos e guíndao no contenedor de "resíduos orgánicos".