domingo, 27 de diciembre de 2009

A comercialización do pescado


As pescadeiras ían coas cestas na cabeza cun molido (un pano calquera enrollado en espiral): "Ían andando desde Marín a Pontevedra nos anos 30 e 40, trocando o pescado por ovos, xudías, repolo, millo, fabas, etc.", lémbranos unha informante pontevedresa.

As pescadeiras, tamén chamadas "sardiñeiras" porque era un dos pescados que máis ofrecían, ían polas portas (Calo - concello de Teo). Elas ían andando coas patelas (cestas case planas) na cabeza; eles ían en motocarros e logo en camionetas, furgonetas, etc.
Algunhas facían un largo percorrido, como A Grandeira (case tódalas pescadeiras tiñan alcumes), de Santiago de Compostela, ía en Castromil ata a Bandeira.

As pescadeiras envolvían o pescado no papel dos xornais. Angunhas non levaban pesa e vendían as sardiñas por centos e medios centos e os xurelos por ducias ou medias ducias.


"Os pescadeiros pasaban dúas veces por semá, avisando cunha corneta", aporta una testemuña da Golada.

As sardiñas en lata mercábanse nas tabernas, ultramarinos e nas feiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario