viernes, 4 de diciembre de 2009

Manueliños en escabeche

Ingredientes:
  • Manueliños (xurelos pequenos);
  • Fariña;
  • Sal;
  • Aceite de oliva;
  • Follas de loureiro;
  • Vinagre;
  • Pementón;

Elaboración:
Límpanse os manueliños, quitándolles a cabeza e sálganse. Rebózanse en fariña, tendo coidado de sacudilos antes de botalos na tixola para non mancha-lo aceite, que debe estar ben quente.
Unha vez fritids, póñense nunha fuente fonda cunhas follas de loureiro; ó aceite añádeselle un chorro de vinagre e unha pizca de pementón e vérese o rustrido sobre o peixe.
Pódense comer quentes ou fríos, acompañados de cachelos, puré de pataca, etc.

1 comentario:

  1. Ñam!

    Fixen esta fin de semana, sen pementón (gosto do escabeche branco). Non sabía que tamén se lle chamaban manueliños : )

    ResponderEliminar