lunes, 21 de diciembre de 2009

Técnicas de conservación do pescado: o escabeche


(Sardiñas en escabeche)
Limpábanse as sardiñas e quitábaselles a cabeza; salgábanse e fritíanse, pero non demasiado.
Preparábase o escabeche quentando aceite limpo, dentes de allo enteiros, que logo se retiraban, un chorro abundanete de vinagre e pementón.
As sardiñas fritidas colocábanse nun recipiente de barro cunha follas de loureiro e vertíaselle por enriba o rustrido.
Duraban oito días ou máis conservándoas nun sitio fresco.

(Informante: E.V.B., concello de A Golada)
Tamén se poñían en escabeche os xurelos, os anguilachos, os mexilóns...

No hay comentarios:

Publicar un comentario