lunes, 21 de diciembre de 2009

As receitas das avoas (2)

As receitas das avoas e a súa relación coas historias de vida en formación:
A traverso das receitas podemos facer un percorrido retrospectivo pola nosa vida:
  • sabores e arrecendos da nosa infancia;
  • os pratos propios de cada estación do ano os das festividades e celebracións;
  • as receitas herdadas das avoas que elas herdaron tamén das súas;
  • os pratos favoritos de cada membro da familia e dos nosos amigos máis queridos;
  • os menús para ocasións especiais, para os días nos que temos moita présa e para os momentos nos que queremos fascinar coas nosas artes culinarias;

Cada producto, cada prato provoca en cada persoa unha fervenza de lembranzas, unhas nostálxicas e outras esperanzadoras. Hoxe o feito de comer non é tanto unha necesidade de atender a unha necesidade universal, senón un complexo acto social e cultural doblemente enriquecedor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario