Dos peixes de río as troitas eran, sen dúbida, os máis populares e os salmóns e as lampreas os máis cobizados. Na provincia de Ourense as aguilas eran moi apreciadas.
Habitualmente non chegaban ós mercados, empregábanse para o autoconsumo ou vendíanse directamente ás tabernas, fondas e mesóns. Eran entregados tamén como obsequio a profesionais (médicos, avogados, notrios...) cos que os paisanos se sentían obrigados aínda que lles pagaran os seus honorarios.
Cada río tiña a súa "especialidade", na provincia da Coruña, o Tambre e o Ulla eran troiteiros por excelencia; en canto á súa preparación, tiñan fama as dunha casa de comidas situada xunto á estación de Berdía.
No Tambre aínda se practica a pesca do escalo coma unha festa popular (coincidindo coas festas do Apóstolo en Santiago de Compostela).
Polo Sar abaixo vai
unha troita de pe,
corre que te corre,
¡quena poidera coller,
quena poidera coller,
quena poidera pillar,
acabalo dela ir
á beiriña do mar!
Copla moi popular en toda a comarca compostelá.
miércoles, 30 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario