Mostrando entradas con la etiqueta o consumo de pescados e mariscos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta o consumo de pescados e mariscos. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de diciembre de 2009

A comercialización do pescado


As pescadeiras ían coas cestas na cabeza cun molido (un pano calquera enrollado en espiral): "Ían andando desde Marín a Pontevedra nos anos 30 e 40, trocando o pescado por ovos, xudías, repolo, millo, fabas, etc.", lémbranos unha informante pontevedresa.

As pescadeiras, tamén chamadas "sardiñeiras" porque era un dos pescados que máis ofrecían, ían polas portas (Calo - concello de Teo). Elas ían andando coas patelas (cestas case planas) na cabeza; eles ían en motocarros e logo en camionetas, furgonetas, etc.
Algunhas facían un largo percorrido, como A Grandeira (case tódalas pescadeiras tiñan alcumes), de Santiago de Compostela, ía en Castromil ata a Bandeira.

As pescadeiras envolvían o pescado no papel dos xornais. Angunhas non levaban pesa e vendían as sardiñas por centos e medios centos e os xurelos por ducias ou medias ducias.


"Os pescadeiros pasaban dúas veces por semá, avisando cunha corneta", aporta una testemuña da Golada.

As sardiñas en lata mercábanse nas tabernas, ultramarinos e nas feiras.

lunes, 23 de noviembre de 2009

O consumo de pescados e mariscos


A evolución do consumo de productos do mar reflexa claramente o cámbeo dos hábitos culinarios e alimenticios dos galegos nos últimos decenios e nesa evolución interveñen dun xeito ou doutro tódolos factores sinalados en entradas anteriores.
O peixe pasa a converterse nun elemento básico da nosa alimentación competindo cos productos cárnicos e, incluso, sobrepasándoos en canto á porcentaxe do seu coste no conxunto da cesta da compra e ó seu consumo por parte do grupo de poboación de máis idade.
A este último fenómeno no é álleo o feito de que este grupo de poboación é o máis sensible, tanto ás recomendacións sanitarias (reduci-lo consumo de graxas, p.e.), como ás campañas publicitarias ou de alarma alimentaria (caso das vacas loucas).