jueves, 18 de marzo de 2010

Refráns, ditos e expresións da fala popular referidos ás patacas

  1. Caír na patacada: picar, verse enredado nunha trampa ou nun conflicto;
  2. Caír nunha patacada; quedar preñada unha muller solteira;
  3. Coller patacas para todo o ano: aseguraba unha base importantísima da alimentación familiar;
  4. Engrelar: xerminar, botar oxérmolo; engrelan as patacas, as cebolas, os allos...
  5. Estar nas patacas: tamén estar na horta, estar en Babia, estar nas Batuecas, estar nas berzas, estar distraído, abstraído, despistado;
  6. Ir para a pataqueira; morrer;
  7. O Inferno está posto a patacas: era unha expresión coloquial empregada por aqueles que dudaban ou querían sembra-la dúvida sobre a existencia do Inferno como algo real; ten unha connotación anticlerical;
  8. Parecer unha pataca menecha: dise nunha persoa baixa de estatura e regordecha;
  9. Patacas da semente: as que se reservan para que xerminen e logo planta-lo xérmolo, grelo ou xurumelo;
  10. Patacas viúvas: patacas cocidas con sal, unha cebola e, ás veces, unhas follas de loureiro; dspois podían engadirlle un rustrido a base de aceite, allo e pementón;

No hay comentarios:

Publicar un comentario