martes, 16 de marzo de 2010

O coello do monte e o da casa

Algunhas familias criaban coellos, tanto para o autoconsumo, como para vender nas feiras por parellas para procrear, aínda que esta actividade non fora siñificativa desde o ponto de vista económico, porque os coellosson animais delicados, que requiren moitos coidados e morren con moita frecuencia.
Os coellos do monte consumíanse só cando as familias estaban apuradas pola falta de alimentos, xaque era máis rentábel vendelos na taberna ou a profesionais (médicos, boticarios, mestres...) que pagaban ben por eles, empregando eses cartos para mercar zucre, café, aceite e outros productos que os paisanos non producían.
Tamén os coellos do monte escaseaban ás veces víctimas dos seus inimigos naturais ou das pestes ou eran esquilmados pola caza furtiva empregando furóns.
O coello tomábase asado ou guisado, tanto con patacas coma con arroz; tiña un tratamento gastronómico similar ó do polo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario