Grazas ás aportacións dos nosos informantes conseguimos unha longa lista de productos que se vendían deste xeito:
- Peros colondros cocidos que se levaban nunha pota e se ofrecían nunha folla da viña;
- Mexilóns e zamburiñas cocidos que se presentaban en cestas e vendíanse por centos e medios centos na praza de San Fiz, en Santiago de Compostela;
- Churros: Daniel el Churrero, os días soltos ofrecíaos ás portas dos colexios, tamén en Santiago;
- Rosquillas: as rosquillas con abor a anís non podían faltarnas romerías e outras festas; mercábanse en cantidade, non só para consumir inmediatamente, senón tamén para levar para a casa ensartadas en variñas e compartir cos viciños; as rosquilleiras que, coas súas cestas na cabeza percorrían grandes distancias, sempre se poñían ó lado dos santuarios; en Santiago de Compostela aínda son típicas nas festas de San Blas na parroquia de Santa María de Sar (3 de febreiro) e de Santa Rita na igrexa de San Agostiño (22 de marzo);
- Sardiñas salgadas que transporaban en cestas de bimbio;
- Castañas cocidas que levaban nunha ola de barro tapada cun pano para que non enfriaran, ensartadas en forma de rosario, vendíanse nun cartucho feito con papel de xornal á porta do Teatro Principal (convertido en cine) en Santiago de Compostela;
- Castañas asadas: asábanse e vendíanse nas rúas e prazas máis concurridas das vilas; aínda hoxe perdura ese costume;
- Castañas maias ou pilongas (secas);
- Barquillos: propios das festas de vilas e cidades, houbo un tempo no que se ofrecían á saída dos colexios; a estampa do barquilleiro, inesquencibles coa súa ruleta, está asociada á infancia e á adolescencia de moitas das testemuñas;
- Empanadiñas, procedentes de Padrón;
- Manteiga de vaca, que levaban en cestos e vendían unha penla envolta nunha berza;
- Mel da Alcarria que chegaba ata eiquí grazas ós maragatos;
- Polbo;
- Garrapiñadas;
- Nubens de algodón que se facían á vista do público;
- Palomitas, feitas ó momento;
- Coco en anaquiños, que, ainda que non era un alimento elaborado, estaba manipulado (partido e limpo);
- Xelados; só no verán, porque ntes no inverno non se consumían;
- Barras grandes de caramelo en forma de bastóns;
- Bolos de leite;
Os vendedores anunciaban as súas mercadorías de viva voce e ata cantando nas estacións do tren e nas paradas dos coches de liña; mesmo subían ós medios de transporte mentres se acomodaban os pasaxeiros:
Galleta fina, boa, barata,
por dúas pesetas e un patacón.
Tamén estaban nos cines e nos teatros, entraban nos establecementos hosteleiros, en tódolos sitios nos que houbera movemento de xente. levaban os productos nunha caixa de madeira cunha tira de coiropara colgar ó colo e manteren as mans libres.
Almendras, garrapiñadas...
El pirulí de La Habana
que se come sin gana.
O Pirulí de La Habana tiña forma de paraguas e duraba un bo anaco. Máis tarde foron sustituídos polos chupachús, as piruletas e os chicles.
Todos estes productos tiñan unha considerable demanda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario