viernes, 2 de abril de 2010

As bebidas (3)

Máis notas sobre o café:
Ó ser un producto de importanción, o café era caro, por iso se misturaba con máis ou menos achicoria, aproveitábanse as borras utilizándoas varias veces e tamén se contrabandeaba do viciño Portugal, onde era máis barato, tanto por ter colonias productoras (Angola e Mozambique), como polas súas relacións privilexiadas co Brasil.
O contrabando era tanto
para o propio consumo, sobre todo nas localidades próximas á raia, como para vender ás agochadas nos mercados os que se arriscaban e só ós cientes de confianza para evita-las sancións.

O café soluble, o descafeinado e o café moído apareceron nos anos 60.

O colacao:
É unha marca comercial que a partires dos anos 60 consegue unha gran impronta popular, apoiado por unha impostante campaña publicitaria que, a traverso da radio, cala profundamente en tódolos sectores da poboación.
Yo soy aquel negrito
del África tropical
que cultivando cantaba
la canción del colacao.
Es el colacao...
lembran con facilidade as nosas testemuñas.
Tomábase con leite, tanto para o almorzo, como para a merenda ou mesmo a cea. Os principais consumidores eran os rapaces.
As caixas nas que se comercializaba, cos seus característicos debuxos orientais, eran ambizoadas polas nenas para garda-los seus pequenos tesouros e s non tan nenas para empregalas como costureiros, xoieiros...
A popularización do Colacao relegou o consumo de chiculate a un segundo plano, porque a súa preparación era moito máis sinxela e o seu prezo relativamente módico. Hoxe o consumo de chiculate nas súas formas máis tradicionais estáse recuperando, sobre todo en establecementos hosteleiros, algúns deles espacializados na oferta desde producto.
O Colacao tivo moitos "imitadores", productos similares a menor prezo, pero ningún deles acadou as súas cuotas de mercado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario