lunes, 19 de abril de 2010

A parva

Dicíaselle á comida que se tomada a media mañá; tamén lle dicían "as once", porque se ofrecía sobre esa hora; tomábase nos lugares de traballo, principalmente cando se trataba de labores agrícolas; consistía en queixo, touciño curdo, xamón, chourizos, empanada, pescado en conserva ou afumado, pan de molete, viño... Unha das mulleres da casaleváballo nunha cesta ós xornaleiros que descansaban así un momento do seu traballo.
En Sanabria cantaban:
Alegraros, compañeros,
que ya la vemos venir
con el cuchillo en la mano
y el tocino en el mandil.
Tamén se lle ofrecía ós traballadores da casa: carpinteiros, canteiros, xastres, tecelás, costureiras..., anque neste caso os productos ofrecidos eran algo diferentes e non sempre "fríos"(ovos fritidos, o touciño pasado pola sartén...).
Os traballadores das fábricas e os que non traballaban a mantido levábana xa con eles ó saír da casa nas fiambreiras, recipientes con tapadeira, que tamén se empregaban para ir ás romerías ou ás praias, pois o seu pecho hermético impedía que o aceite ou a prebe de frituras e guisos se misturara cos outros productos da cesta ou canasto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario