Mostrando entradas con la etiqueta merenda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta merenda. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de abril de 2012

A fala popular


  • Marzo iguarzo, ven a merenda e mailo descanso

Algúns empregan somentes a primeira parte, unha fórmula sinxela, pero efectiva de sinala-lo momento do equinocio (a mesma duración dio día e da noite), de aí o de "iguarzo".
Outros asocian a segunda parte do dito coa festividade de San Marcos (Polo San Marcos entra a merenda e mailo descanso), que se celebra o 25 de abril, de xeito que un dito e outro marcarían unha diferencia dun mes aproximadamente no tocantes á temporalización dese hábito alimenticio, sen que teñamos explicación para ilo, xa que informantes da mesma zoa e da misma idade aportaron as dúas variantes.


A MERENDA:
No mundo rural galego, ata finais dos anos 60, a merenda, en paralelo coas "once" era a comida que tomaban os labregos nas leiras a media tarde e a media mañá, respectivamente. Os alimentos que se consumían nun caso ou noutro podían ser os mesmos (pan de molete, viño, queixo, chourizos, touciño curado...), pero á merenda podían incorporar alimentos sobrantes do xantar, productos de tempada (principalmente, peixe miúdo fritido) ou calisquera outros elaborados a propósito pola muller da casa (bacallao rebozado ou en chulas, p.e.).
AS "ONCE":
Para as "once" empregábanse productos elaborados previamente porque a muller ou, segundo o caso, mulleres da casa nesas primeiras horas da mañá tiñan moitoa traballos para facer (atender ós animais, ós nenos e ós vellos ou enfermos,  acarrexar a auga que ían consumir durante o día, etc.). No tocantes ó peixe, no interior os peixeiros non chegaban ás aldeas ata media mañá e non tódolos días, de aí o consumo de peixe en conserva, afumado ou en escabeche.

lunes, 19 de abril de 2010

A parva

Dicíaselle á comida que se tomada a media mañá; tamén lle dicían "as once", porque se ofrecía sobre esa hora; tomábase nos lugares de traballo, principalmente cando se trataba de labores agrícolas; consistía en queixo, touciño curdo, xamón, chourizos, empanada, pescado en conserva ou afumado, pan de molete, viño... Unha das mulleres da casaleváballo nunha cesta ós xornaleiros que descansaban así un momento do seu traballo.
En Sanabria cantaban:
Alegraros, compañeros,
que ya la vemos venir
con el cuchillo en la mano
y el tocino en el mandil.
Tamén se lle ofrecía ós traballadores da casa: carpinteiros, canteiros, xastres, tecelás, costureiras..., anque neste caso os productos ofrecidos eran algo diferentes e non sempre "fríos"(ovos fritidos, o touciño pasado pola sartén...).
Os traballadores das fábricas e os que non traballaban a mantido levábana xa con eles ó saír da casa nas fiambreiras, recipientes con tapadeira, que tamén se empregaban para ir ás romerías ou ás praias, pois o seu pecho hermético impedía que o aceite ou a prebe de frituras e guisos se misturara cos outros productos da cesta ou canasto.