miércoles, 19 de agosto de 2009

Rollo de carne

Ingredientes:
Falda de terneira ben fina (xa a corta o carniceiro)
Pemento morrón
Lonchas de xamón serrano
Lonchas de panceta
Lonchas de queixo
Aceitunas sen óso
Aceite de oliva
Viño branco

Preparación:
Estírase a carne e cólocanse en capas o xamón, as tiras de pemento, a panceta e o queixo; tamén se colocan unhas cuantas aceitunas.
Enróllase ben apretado e átase co fío de ata-los chourizos. Hai quen o cose para que quede máis apretado.
Dórase na tixola para selar a carne e que non perda o zugue; logo ponse nunha fuente de forno, bótaselle o aceite por enriba e métese no forno; cando está ben quente rocíase con viño branco e repítese esta operación varias veces ó longo da coción.
Algunhas persoas méteno nunha especie de bolsa de cañamazo para que non se desfaga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario