viernes, 2 de septiembre de 2011

Os Diarios de Mariana Canabal

"O aceite vendíase a granell, por litro ou por cuartillo (medio litro). Botábase nunha botella de vidrio, que levaban os compradores, por medio dunha máquina de émbolo, que soía estar colocada nunha esquina do mostrador nas tabernas e ultramariños.
"Se se mercaban cantidades máis grandes empregábanse damajuanas (garrafas) que podían ter unha capacidade de ata 16 litros.
"Ás veces o aceite pagábase en especies, trocándoo por ovos, caña, etc.
No inverno, coas baixas temperaturas, o aceite callábase nas botellas. Achegábanas ó lume da lareira con coidado para que non estoupasen e, co calor, formábanse unhas capas brancas en suspensión sobre o resto do líquido, que ó mover a botella somellaban copos de neve. Era un fenómeno que chamaba a atención dos rapaces, que ficabamos un anaco ollando para a botella ata que volvía a apousar...

No hay comentarios:

Publicar un comentario