miércoles, 2 de junio de 2010

"Diarios de Mariana Canabal"

"As mulleres vellas tiñan o costume de agochar nos petos do mandil onzas de chiculate, galletas, uvas e figos pasos, améndoas garrapiñadas, mandarinas..., productos que había que mercar na taberna e que, polo tanto, non estaban ó alcance de todos; pero tamén gardaban mazás, peras, cereixas e outras froitas da casa, iso si, sempre escollidas, as máis sabrosas.
As larpeiradas que gardaban eran unhas veces para comer ás agochadas, outras para reclamá-la atención dos nenos e das nenas, tanto que foran da familia coma que non, ofrecéndollas como dádiva a cambeo dun sorriso, dunha ollada garimosa ou dun simple "grazas"...
Os vellos, pola contra, soían levar non petos algún trebello que suscitara a curiosidade dos nenos e gozaban mostrándolles como se utilizaba ou para que servía...

No hay comentarios:

Publicar un comentario