lunes, 8 de noviembre de 2010

A leña (5)

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"A comezos dos anos 60 en moitas casas de Santiago de Compostela aínda se cociñaba con leña (ou con carbón) nas populares bilbaínas e as familias precisaban espazos nos que acumulala.
"As casas tiñan cubículos destiñados a esa función, leñeiras individuais ou compartidas, nos sotos, debaixo das escaleiras, nos patios...
"Logo, coa introdución paulatina das cociñas de gas butano, ese espazos foron aproveitados coma despensas para gardar a bombona de reposto, o aceite, as patacas, a fariña, o viño e outros productos alimenticios que se mercaban ó por maior ou que as familias recibían dos seus familiares residentes nas aldeas e adicados á agricultura...
"Máis tarde, serviron para instalar arcóns (conxeladores) ou, incluso, lavadoras ou secadoras, cando non había espazos nos pisos...

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Curiosidades: a creatividade popular

Santa María,
morreu miña tía:
¿Cando se enterra?
Mañán polo día.
Dáballe berzas
e nonas comía;
dáballe papas,
¡que ben lle sabían!
Cando cocía
facíame un bolo;
cando choraba,
comíamo todo.

lunes, 1 de noviembre de 2010

Máis alcumes (2)

Alcumes relacionados con alimentos ou o xeito de comer:
  • A Berberecheira. Boqueixón;
  • A Ghaliñachoca. Ames;
  • A Matona. Santiago de Compostela; era carniceira;
  • A Xardeta. Santiago de Compostela;
  • Berberecho. Santiago de Compostela;
  • Broeiro. Ribeira;
  • Caghanaberza. Mesía;
  • Caghanacunca. Noia;
  • Caghanahorta. Mesía;
  • Caghanomillo. Noia;
  • Caghapoquitos. Santiago de Compostela; por amarrada;
  • Do Bacallao. Santiago de Compostela;
  • Fervellasberzas. Santiago de Compostela;
  • Ghaliñabranca. Santiago de Compostela;
  • Ghalletas Cuéncara. Santiago de Compostela; unha vez dixera iso por "galletas Cuétara" e quedoulle;
  • Muchachicha. Ponteareas;
  • O Aceitunero. Santiago de Comportela; vendía na Praza de Abastos;
  • O Barrigas. Ourense;
  • O Berberecho. Val do Dubra;
  • O Broeiro. Santiago de Compostela;
  • O Cañeiro. Teo;
  • O Churrero. Era un garda municipal; seus pais vendían churros pola feiras; Santiago de Compostela;
  • O Fervello. Val do Dubra;
  • O Larpeiradas. A Coruña;
  • O Larpeiro. Ourense;
  • O Loureiro. Santiago de Compostela;
  • O Manteigas. Ourense;
  • O Mantequero. Santiago de Compostela; vendía na Praza de Abastos;
  • O Minchiñas. Cambados;
  • O Papauntos. Ourense;
  • O Tixolo e A Tixola. Vedra;

Da miña bitácora


Os nosos menús

Menú 218:
  • Pementos do piquillo recheos;
  • Bacallao ó pilpil;
  • Froita de tempada;
Menú 219:
  • Sopa de allo;
  • Tortilla de xamón;
  • Queixo con mermelo;
Menú 220:
  • Fiambres variados;
  • Lasaña;
  • Froita de tempada;
Menú 221:
  • Revolto de espinacas;
  • Empanada de bacallao con pasas;
  • Piña ó natural;
Menú 222:
  • Crema de champiñóns;
  • Raia á galega;
  • Xelado;

Mexilóns á vinagreta


Ingredientes:
  • Mexilóns;
  • Cebola;
  • Pemento roxo;
  • Pemento verde;
  • Sal;
  • Aceite de oliva;
  • Vinagre;
Elaboración:
Cócense os mexilóns cun pouco de sal;
Pícanse miudiño a cebola, o pemento roxo e o pemento verde; prepárase unha prebe "vinagreta" con sal, aceite de oliva e vinagre e bótaselle ó picadiño.
Colócanse os mexilóns abertos nunha fuente e vaise botando en cada un cunha culler un pouco da mistura.

Ficha de traballo (19)