Mostrando entradas con la etiqueta mexilóns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mexilóns. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de enero de 2011

Mexilóns á vinagreta (2)

Ingredientes:
  • Mexilóns;
  • Alcaparras;
  • Cebola;
  • Pepinillos;
  • Pemento roxo;
  • Pemento verde;
  • Aceite de oliva;
  • Sal;
  • Vinagre;
Elaboración:
Cócense os mexilóns ó vapor;
Picamos moi miúda a cebola, os pepinillos, o pemento roxo, o pemento verde e as alcaparras;
Preparamos unha vinagreta con aceite de oliva, sal e vinagre e aliñamos as hortalizas, misturándoas ben;
Retiramos media cunha dos mexilóns e empratamos recubrindo os mexilóns coa mistura.

jueves, 30 de diciembre de 2010

Ensalada de mexilóns

Ingredientes:
  • Mexilóns;
  • Pasta;
  • Sal;
  • Aceite de oliva;
  • Vinagre;
Elaboración:
Cocemo-la pasta "al dente"; deixamos enfriar;
Cocemo-los mexilóns sen a cuncha ou ó vapor e retiramo-las cunchas; deixamos enfriar;
Facemos unha vinagreta con sal, aceite de oliva e vinagre;
Empratamos en frío.

jueves, 23 de diciembre de 2010

Pote mariñeiro


Ingredientes:
  • Patacas;
  • Chícharos;
  • Mexilóns;
  • Cebola;
  • Zanoria;
  • Allo;
  • Gambas;
  • Tomate;
  • Sal;
  • Aceite de oliva;
  • Viño branco;
Elaboración:
Cocemo-los mexilóns ó vapor e quitámoslles as cunchas;
Rehogamos as hortalizas picadas, añadimos o viño branco, a auga de coce-los mexilóns e as patacas; despois de ferver 5 minutos, añadimo-los mexilóns, as gambas e os guisantes e rectificamos de sal.

domingo, 12 de diciembre de 2010

Mexilóns en escabeche

Ingredientes:
  • Mexilóns;
  • Loureiro;
  • Sal;
  • Aceite de oliva;
  • Allo;
  • Vinagre;
  • Pemento doce;
Elaboración:
Cocémo-los mexilóns ó vapor (ver entrada) e retiramo-las cunchas.
Nunha tixola poñemos aceite de oliva e allo picado; cando o allo esté durado, retirámolo; deixamos temperar e añadimos o pemento doce e o vinagre;
Poñemos nunha fuente fonda os mexilóns, vertémoslle a prebe e decoramos cunhas follas de loureiro.

martes, 7 de diciembre de 2010

Mexilóns ó vapor


Ingredientes:
  • Mexilóns;
  • Sal;
  • Loureiro;
  • Limón;
Elaboración:
Ponse un vaso de auga nunha tarteira con tapadeira, os mexilóns e o loureiro; añádese un pouco de sal;
Cando abran os mexilóns, estarán listos para servir nunha fuente cunhas rodallas de limón.

lunes, 1 de noviembre de 2010

Mexilóns á vinagreta


Ingredientes:
  • Mexilóns;
  • Cebola;
  • Pemento roxo;
  • Pemento verde;
  • Sal;
  • Aceite de oliva;
  • Vinagre;
Elaboración:
Cócense os mexilóns cun pouco de sal;
Pícanse miudiño a cebola, o pemento roxo e o pemento verde; prepárase unha prebe "vinagreta" con sal, aceite de oliva e vinagre e bótaselle ó picadiño.
Colócanse os mexilóns abertos nunha fuente e vaise botando en cada un cunha culler un pouco da mistura.